Garibaldo II de Baviera
Garibaldo II de Baviera, nado en 585 e finado en 640,[1] foi o terceiro duque de Baviera.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 585 |
Morte | 640 (54/55 anos) |
Duque de Baviera | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Dinastía Axilolfinga |
Cónxuxe | Geila von Friaul (610 (Gregoriano)–) |
Fillos | Theodo I of Bavaria, Agilolf von Bayern |
Pai | Tasilón I de baviera |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) |
Traxectoria
editarFillo de Tasilón de Baviera, duque de Baviera, da dinastía Axilolfinga, foi duque de Baviera desde 610 atá a súa morte en 630.
Segundo Paulo Diácono, na súa Historia Langobardorum, sucedeu ao seu pai Tasilón I, asasinado polos eslavos que invadiran Baviera,[1] e que devastaran o país, pero Garibaldo II conseguiu organizar un contraataque e expulsar aos eslavos.[2]
A súa muller non se munciona, pero Paulo Diácono tamén conta que cara ao 610, os ávaros invadiron o ducado de Friuli, mataron o duque Xisulfo II e á súa esposa Romilda, e levaron cativas ás súas catro fillas. Dúas delas, Acca e Xeila, foron mercadas por comerciantes, e liberadas, e unha delas casou co príncipe dos bávaros, mentres que a outra casou co príncipe dos alamáns. Dado que o nome de Xisela aparece entón na aristocracia bávara, Christian Settipani cre que foi Xeila quen casou cun duque de Baviera, a quen identifica, por motivos cronolóxicos, con Garibaldo II.[2]
No ano 610 Garibaldo II casou con Anna oder Gaila, con que tivo un fillo, Axilolfo de Baviera, nado contra 615.[3]
Os sucesores de Garibaldo II non están integramente documentados. A tradición bávara di que os que sucederon a Garibaldo II foron Teodón I e Lamberto I. Outras tradicións escritas sinalan outros nomes, entre eles Fara I de Baviera, que casou con Teodón I de Baviera e foi sucedida polo seu fillo Teodón II.[4] Esta incerteza prolongouse ao redor de 50 anos, entre Garibaldo II e o seu sucesor máis coñecido, Teodón II de Baviera.
Predecesor: Tasilón I |
Duque de Baviera 610 – 630 |
Sucesor: Descoñecidos até Teodón II |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Foundation for Medieval Genealogy
- ↑ 2,0 2,1 Settipani 1989, p. 75
- ↑ Anna oder Gaila en The Peerage.
- ↑ Fara Agilolfinger, Herzog von Bayern en gw.geneanet.org.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Christian Settipani (1989): Les Ancêtres de Charlemagne París: Editions Christian. ISBN 2-9064-8328-1.