Paulo Diácono

Paulo (o) Diácono (en latín: Paulus Diaconus), nado en Cividale del Friuli cara ao 720 e finado na abadía de Monte Cassino o 13 de abril de 800, foi un erudito de orixe longobarda do século VIII.

Paulo Diácono
PaulusDiaconus Plut.65.35.jpg
Nacementoc. 720
Lugar de nacementoCividale del Friuli
Falecementoc. 799
Lugar de falecementoAbadía de Montecassino
NacionalidadeReino longobardo
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónhistoriador, poeta, monxe cristiano e escritor
Coñecido porHistoria Langobardorum
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu co nome de Warnefred na capital do Ducado do Friúl. A súa familia pertencía á vella nobreza longobarda, descendente dun tal Leupegis (ou Leupechi en italiano), que viviu no tempo do rei Alboíno.

Probabelmente formado en Pavía, capital longobarda, no reinado do rei Ratchis, permanece na corte real baixo os reis Aistolfo e Desiderio.

A partir de 782, participa no «Renacemento carolinxio» ao pasar cinco anos na corte de Carlomagno e despois volve a Italia onde empeza a escritura da súa Historia dos longobardos (Historia Langobardorum), unha historia do pobo longobardo que vai desde as orixes ao ano 744 (morte do rei Liutprando) e redactada de 787 a 789. Algúns atribúenlle a composición da oración Ave Maris Stella.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar