Liutprando, nado antes de 690, foi fillo e sucesor do rei dos longobardos de Italia, Ansprando duque de Asti, e reinou de xuño de 712 a 744.

Liutprando
Nacementoc. anos 680xuliano
Falecementoxaneiro de 744
Lugar de falecementoPavia
SoterradoSan Pietro in Ciel d'Oro
NacionalidadeReino longobardo
Relixióncatolicismo
Ocupaciónmonarca
PaiAnsprando
NaiTheodarada
CónxuxeGuntrude
Na rede
WikiTree: Lombardie-7
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Tentou en van unificar a península itálica baixo o dominio longobardo e entrou con regularidade en conflito co Papado. Someteu aos duques longobardos semiindepententes de Spoleto e de Benevento e tentou expulsar definitivamente aos bizantinos de Italia, especialmente ao cercar Rávena en 734.

Tiña boas relacións cos francos, participou na batalla do estanque de Berre contra as forzas arabo-musulmás (derrota musulmá de 739), onde participou igualmente o futuro rei franco, Pipino o Breve. En 737, asociou ao poder a Hildeprando, o seu neto. Fixoi que se volvesen prohibir os matrimonios mixtos entre longobardos e romanos, matrimonios que foran autorizados desde o final do século VII, probabelmente para manter a cohesión nacional do pobo longobardo e dos outros pobos aliados (saxóns, xépidos, búlgaros etc…), fronte a masa autóctona, moito máis numerosa.

Trazos e características editar

Rei piadoso e sabio nas súas decisións, bo xefe militar, foi o máis grande dos reis longobardos. Foi enterrado en Pavia, a capital longobarda. Medía sobre 1,73/1,74 m, talle bastante por riba da media para a época e en relación aos outros «italianos» da península.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Reino longobardo

Segue a:
Ansprando
Liutprando
Precede a:
Hildeprando
-