Conrado III
Conrado III, nado en 1093 e finado o 15 de febreiro de 1152 en Bamberg, foi un emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, o primeiro representante da dinastía dos Hohenstaufen.
Traxectoria editar
Era fillo de Frederico I, duque de Suabia e de Inés, filla do emperador Henrique IV.
Conrado recibiu do seu tío, o emperador Henrique V, o Ducado de Franconia en 1115, e herdou do seu pai o Ducado de Suabia.
En 1138 foi elixido emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. Enfrontouse cos güelfos e expulsounos de Baviera, pero non puido conseguir Saxonia, outro obxectivo seu, comezando desta forma a rivalidade entre güelfos e xibelinos.
Loitou en Bohemia e Polonia. Participou na segunda cruzada, a petición de San Bernardo, xunto ao rei Lois VII de Francia, regresando a Alemaña tras o fracaso da Campaña de Damasco.
Sucedeuno o seu sobriño Frederico I Barbarroxa.
Predecesor: Lotario II |
Rei de romanos 1127 - 1135 Rei rival 1138 - 1152 Rei lexítimo con Henrique Berenguer (1147-1150) |
Sucesor: Frederico I Barbarroxa |
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Conrado III |