Coordenadas: 50°23′N 6°52′L / 50.383, -6.867

O Eifel (AFI:ˈaɪ̯fl̩), (en luxemburgués Äifel) é unha cadea montañosa de escasa altitude e orixe volcánica situada, en case a súa totalidade, no oeste de Alemaña, ao sur de Colonia.

Eifel
Eifel - Deutsche Mittelgebirge, Serie A-de.png
Mapa topográfico da rexión do Eifel
AltitudeHohe Acht, cono volcánico de 747 m
Latitude50º 23' N
Lonxitude6º 62' L
LocalizaciónAlemaña (Renania do Norte-Westfalia e Renania-Palatinado) e as partes orientais de Bélxica e de Luxemburgo

Ocupa partes dos Länder de Renania do Norte-Westfalia (o suroeste) e de Renania-Palatinado (o noroeste), e tamén o leste de Bélxica (onde están as comunidades de fala alemá deste país) e o leste de Luxemburgo.

Forma parte do Macizo Xistoso Renano, e na súa parte norte se encontra o Parque Nacional Eifel.

CaracterísticasEditar

XeoloxíaEditar

A pesar da interesante xeoloxía da rexión de Eifel, só se realizaron tres informes xeolóxicos completos:[1]

  • En 1822, Johann Steiniger publicou o primeiro mapa xeolóxico da zona e, en 1853, a Geognostische Beschreibung der Eifel.[2]
  • En 1915 Otto Follmann deu a luz un traballo que se sumou á comprensión científica nese momento, o Abriss der Geologie der Eifel ("Resume de xeoloxía do Eifel").[1][3]
  • En 1986, Wilhelm Meyer, finalmente, publicou o volume Geologie der Eifel, cuxa cuarta edición, revisada, considérase hoxe o traballlo estándar sobre a xeoloxía do Eifel.[1][4]

WesteifelEditar

 
O Hohe Acht.
 
Lago Laacher.

É a zona relativamente máis nova da rexión e posúe moitos conos volcánicos, maares[5] e estratovolcáns pequenos. Ocupa unha superficie de 600 km2, situándose a uns 50 km da cidade de Ormont. Hai moitos fluxos de lava orixinados a partir de conos volcánicos e tamén se poden encontrar aneis de rocha calcaria volcánica. Nesta zona houbo moitas erupcións volcánicas durante o final do plistoceno, tendo a súa última erupción no agora maar Pulvermaar. É posíbel que no futuro poidan volver a activarse os volcáns da zona.[6]

HocheifelEditar

Data do terciario, cando ocorreron as primeiras erupciones volcánicas. Está constituido por sete estratovolcáns, entre eles o Hohe Acht duns 747 m de altura. Pódense encontrar varias capas de cinzas e fluxos de lava, sendo o basalto a rocha dominante. Houbo máis de 300 erupcións volcánicas, o que fai pensar que debaixo da zona hai, ou houbo, unha inmensa cámara magmática que abastecía a moitos volcáns.

OsteifelEditar

É a zona onde houbo máis actividadl. Alí encóntrase o lago Laacher, un lago volcánico rodeado de conos e estratovolcáns menores. Determinouse que existiron tres fases de erupcións na zona, e ao parecer, empezaron a nacer volcáns en forma caótica. Isto ocorreu durante a última glaciación, cando os humanos aínda non chegaran a esta zona. Porén, é posíbel que igualmente puideran sentir os seus efectos, xa que sen dúbida os volcáns puideron estender as súas cinzas por toda Europa.

Algunhas notas diversasEditar

 
A Fraubillenkreuz

HistoriaEditar

Unha curiosidade arqueolóxica interesante da rexión é o acueduto de Eifel, un dos máis longos avuedutos do imperio Romano, que subministraba auga á cidade de Colonia.

MonumentoEditar

A Fraubillenkreuz é un menhir de 5 000 anos de antigüidade que foi tallado en forma de cruz a principios da Idade Media.

TurisnoEditar

De fácil acceso, case toda a rexión puede percorrerse en bicicleta. Con apoio da Unión Europea, antigas vías de ferrocarril transformáronse en ciclovías.

Protección ambientalEditar

Desde 2004, 110 km2 da parte norte da rexión do Eifel están protexidas e incluídas no Parque Nacional Eifel.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Stephan Marks, Schriftenschau, "Geologie der Eifel", en Mitteilungen des Verbandes der deutschen Höhlen- und Karstforscher e. V. 2015/01; páx. 24.
  2. Johann Steiniger (1853): Geognostische Beschreibung der Eifel. Verlag: Lintz, Trier. (Resume en alemán).
  3. Otto Follmann (1915): Abriss der Geologie der Eifel. Berlin: Westermann.
  4. Wilhelm Meyer (2013): Geologie der Eifel, 4ª edición totalmente revisada. Stuttgart: Schweizerbart. ISBN 978-3-5106-5279-2.
  5. Un maar é un cráter volcánico largo e baixo, producido por unha erupción freático-magmática, é dicir, unha explosión causada por auga subterránea que entra en contacto con lava quente ou magma.
  6. Clifford Embleton & Christine Embleton-Hamann (1997): Geomorphological hazards of Europe. Elsevier. ISBN 0-4448-8824-1. (Ler en liña).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar