Alemán do Palatinado
O alemán do Palatinado é un dialecto central occidental do alemán pertencente á familia do fráncico renano. Fálase no val do Rin, entre as cidades de Zweibrücken, Kaiserslautern e Mannheim, na fronteira coa rexión de Alsacia (Francia), e no Rin. O alemán de Pensilvania, provén principalmente dos dialectos palatinos do alemán falados por alemáns que emigraron a América do Norte entre os séculos XVII e XIX e decidiron manter as súas linguas nativas. Os suabos do Danubio en Croacia e Serbia tamén empregan moitos elementos deste.
Alemán do Palatinado Pälzisch | ||
---|---|---|
Falado en: | Alemaña | |
Rexións: | Renania-Palatinado | |
Total de falantes: | 1 000 000 | |
Familia: | Indoeuropea Xermánico Xermano occidental Alto alemán Alemán central occidental Fráncico renano Alemán do Palatinado | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | pfl
| |
Mapa | ||
Status | ||
É importante destacar que a pronunciación e a gramática varían coas rexións (mesmo nas vilas). Pola fala dos alemáns do Palatinado, adóitase saber de que zona ou de que vila son. O que teñen en común tódolos dialectos do Palatinado é que non se emprega o xenitivo, así como o imperfecto do alemán.
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Alemán do Palatinado |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Dialectos alemáns actuais: Pfälzisch Arquivado 23 de setembro de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)