Gotthold Ephraim Lessing

filósofo ilustrado e dramaturgo alemán

Gotthold Ephraim Lessing, nado en Kamenz, Saxonia o 22 de xaneiro de 1729 e finado en Braunschweig, Brunswick o 15 de febreiro de 1781, foi un escritor, crítico e dramaturgo alemán.

Modelo:BiografíaGotthold Ephraim Lessing

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1729 Editar o valor en Wikidata
Kamenz (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte15 de febreiro de 1781 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Braunschweig (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBraunschweig Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Halle-Wittenberg - Mestrado (1751–1752)
Universidade de Leipzig - teoloxía (1746–) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes escénicas Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Hamburgo
Lutherstadt Wittenberg
Leipzig
Wolfenbüttel Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónletrista, crítico literario, dramaturgo, xornalista, escritor, crítico, teólogo, poeta, bibliotecario, filósofo, dramaturgo, historiador da arte Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1749 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoDrama Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
CónxuxeEva König Editar o valor en Wikidata
PaiJohann Gottfried Lessing Editar o valor en Wikidata
IrmánsTheophilius Lessing Editar o valor en Wikidata
Condenado porHerexía Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Hamburgische Biografie
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Лессинг Готхольд Эфраим) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0504366 IBDB: 9327
BNE: XX974829 Musicbrainz: b293ce94-e66b-4151-aa7e-114c20534d18 Discogs: 887153 IMSLP: Category:Lessing,_Gotthold_Ephraim WikiTree: Lessing-85 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo dun pastor e reputado teólogo de Lusace, era o maior de dez irmáns. Aos doce anos, xa un asiduo lector, entra na célebre Furstenschule (escola dos electores) de Saint Afra de Meissen. Adquiríu un bo coñecemento do grego, do latín e do hebreo. Nesa época, debido a súa admiración por Plauto e Terencio decídese a escribir comedias. No outono de 1746, entra na Universidade de Leipzig como estudante de Teoloxía. Mais os seus verdadeiros focos de intereses eran, á vez, a Literatura, a Filosofía e máis a Arte. Porén en 1747 comeza a estudar Medicina, vivindo na casa do seu primo Mylius, un autor cómico con quen debutará no Teatro. En 1751 marcha a Wittemberg para estudar Filoloxía. No 1752 obtén un mestrado de Letras, que lle permite vivir da pluma. Pasa a ser preceptor durante un tempo. Viaxa a Inglaterra de 1756 a 1758. No 1767, foi nomeado director do teatro de Hamburgo e, dous anos máis tarde, convértese en bibliotecario do duque de Brunswick, en Wolfenbüttel. Nesa cidade, no 1773 descubre o manuscrito do problema bovino de Arquímedes. Casa en 1776 con Eva König, que falece en 1778. Isto o torna depresivo, deteriorándose a súa saúde ata falecer o 15 de febreiro de 1781.

Bibliografía (selección)

editar
  • Der junge Gelehrte (O xove aprendiz) (1748)
  • Der Freigeist ( O Librepensador) (1749)
  • Die Juden (Os Xudeus) (1749)
  • Miß Sara Sampson (1755)
  • Philotas (1759)
  • Fabeln (Fábulas) (1759)
  • Laokoon oder Ueber die Grenzen der Malerei und Poesie (Laocoonte ou Acerca dos límites da Pintura e da Poesía) (1766)
  • Minna von Barnhelm (1767)
  • Emilia Galotti (1772)
  • Anti-Goeze (1778)
  • Nathan der Weise (Natán o Sabio) (1779)
  • Ernst und Falk - Gespräche für Freymäurer (Conversas sobre a Masonería) (1776-1778)
  • Die Erziehung des Menschengeschlechts (A Educación da Humanidade) (1780)