Braunschweig

cidade da Baixa Saxonia (Alemaña)
(Redirección desde «Brunswick»)

Braunschweig (en baixo alemá: Brunswiek) é unha cidade alemá situada no estado federado da Baixa Saxonia, ocupando aquí a posición de segunda máis poboada detrás de Hannover. Dividido polo río Oker o seu centro histórico alberga o castelo Dankwarderode e as esculturas coa heráldica de Henrique o León, como o león de bronce da praza da Catedral de St. Blasii, única estatua de bronce ao norte dos Alpes na súa época.[3]

Braunschweig
Braunschweig, 2019
Localización
Braunschweig en Alemaña
Braunschweig
Braunschweig
PaísAlemaña Alemaña
EstadoBaixa Saxonia
DistritoDistrito urbano
Xeografía
Altitude75 msnm
Superficie192,09 km²
Demografía
Poboación261 848 (2019) [1]
Outros datos
Código postal38100, 38126, 38114 e 38100–38126
AlcaldeUlrich Markurth (SPD) [2]

A cidade está situada a 67 km de Hannover e a 40 km de Wolfsburg.

Historia e características Editar

Esta cidade da Baixa Saxonia foi o centro económico do Imperio en tempos da Revolución Industrial e foco económico e cultural durante o Renacemento onde se estrearon Fausto I de Goethe e a traxedia de Lessing Emilia Galotti.

Cidade ata o seu falecemento de Henrique o León. Foi el quen a introduce como socia da Liga Hanseática e isto elévaa a núcleo comercial europeo.[4]

O río Oker era navegábel e selaba o tráfico de mercadorías dos ríos Aller e Weser, o comercio de Bremen e o do Mar do Norte. Braunschweig chega a ser unha das cidades máis poboadas ao norte das montañas do Harz e convértese en residencia dos güelfos, entre 1753 e 1754, ordéase a construción do palacio da cidade, actual Biblioteca Municipal, Arquivo e Instituto Cultural.

Esta foi a cidade do poeta Gotthold Ephraim Lessing atè a súa morte, autor de máis relevancia durante a Ilustración e influente na literatura alemá.[5]

A cidade conta cun estadio de baloncesto, o Volkswagen Halle, sede do equipo local Basketball Löwen Braunschweig, competidor da Bundesliga desde o ano 2000.

Cidades irmás Editar

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar