Basketball Löwen Braunschweig

O Basketball Löwen Braunschweig é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade Braunschweig (Baixa Saxonia). Fundado no ano 2000, actualmente compite na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto xermano. Xogan os seus partidos como local no Volkswagen Halle, pavillón con capacidade para 3.603 espectadores.

Basketball Braunschweig
Basketball Löwen Braunschweig.svg
Información xeral
Liga BBL
Fundación 2000
Cores                Azul, amarelo, branco
Presidente Alemaña Sebastian Schmidt
Adestrador Alemaña Frank Menz
Localización
Cidade Alemaña Braunschweig, Alemaña
Pavillón Volkswagen Halle
Capacidade 3.603
Inauguración 20 de setembro de 2000
basketball-loewen.de

HistoriaEditar

O equipo foi fundado no ano 2000 como Metabox Braunschweig tras comprar a licenza da Basketball Bundesliga do SG Braunschweig, pasando este último club a funcionar como o seu equipo de canteira. Despois de múltiples mudanzas de nome durante primeiros anos, a compañía local de moda New Yorker converteuse no patrocinador de nome do club en 2006. En 2014 a empresa anunciou o fin do seu patrocinio ao finalizar a temporada 2013–14.[1] Así, o 1 de xullo de 2014 o equipo adoptou o seu actual nome: Basketball Löwen Braunschweig.

NomesEditar

  • Metabox Braunschweig (2000–2001)
  • StadtSport Braunschweig (2001–2002)
  • TXU Energie Braunschweig (2002–2003)
  • BS Energy Braunschweig (2003–2006)
  • New Yorker Phantoms Braunschweig (2006–2014)
  • Basketball Löwen Braunschweig (2014–presente)

Ano a anoEditar

Ano Nivel Liga Pos. Copa Competicións europeas
2000–01 1 BBL
2001–02 1 BBL 10º 3 Copa Korać RP
2002–03 1 BBL
2003–04 1 BBL 11º 2 ULEB Cup LR
2004–05 1 BBL 12º 3 FIBA Europe League FG
2005–06 1 BBL 16º
2006–07 1 BBL 14º
2007–08 1 BBL
2008–09 1 BBL 13º
2009–10 1 BBL
2010–11 1 BBL Subcampión
2011–12 1 BBL Cuarto lugar
2012–13 1 BBL 13º
2013–14 1 BBL 15º
2014–15 1 BBL
2015–16 1 BBL 10º
2016–17 1 BBL 16º
2017–18 1 BBL 12º

PavillónEditar

O Löwen xoga os seus partidos como local no Volkswagen Halle, un pavillón con capacidade para 3.603 espectadores inaugurado o 20 de setembro de 2000. O predecesor do equipo, o SG Braunschweig, xogara anteriormente no Sporthalle Alte Waage, recinto con capacidade para 1.500 espectadores.

XogadoresEditar

DestacadosEditar

NotasEditar

  1. "Die Phantoms heißen jetzt Löwen". Braunschweiger Zeitung (en alemán). 2014. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar