Dennis Schröder

Xogador de baloncesto alemán

Dennis Mike Schröder,[1] nado o 15 de setembro de 1993 en Braunschweig, Baixa Saxonia, é un xogador alemán de baloncesto profesional que xoga nos Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA).

Dennis Schröder
Toronto Raptors – No. 17
Posición Base
Información persoal
Nacemento 15 de setembro de 1993 (30 anos)
Alemaña Braunschweig, Alemaña
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 78 kg (172 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2013 / Rolda: 1 / Elección: 17
Por Atlanta Hawks
Carreira 2010–presente
Historial de equipos
Phantoms Braunschweig (2010–2013)
SG Braunschweig (2010–2013)
Atlanta Hawks (2013–2018)
Bakersfield Jam (2013)
Oklahoma City Thunder (2018–2020)
Los Angeles Lakers (2020–2021)
Boston Celtics (2021–2022)
Houston Rockets (2022)
Los Angeles Lakers (2022–2023)
Toronto Raptors (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

Alemaña editar

Na tempada 2011-12, a súa segunda tempada profesional, xogou 30 partidos co Phantoms Braunschweig, acadando 2.3 puntos, 0.7 asistencias e 0.8 rebotes en 8 minutos por partido.[2]

Na tempada 2012-13 xogou 32 partidos co Phantoms Braunschweig, e fixo 12.0 puntos, 3.2 asistencias e 2.5 rebotes en 25 minutos por encontro.[3] Foi elixido xogador con maior progresión da liga, e mellor xogador novo de Alemaña.[4]

NBA editar

O 27 de xuño de 2013, Schröder foi elixido na 17ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Atlanta Hawks. O 4 de decembro de 2013, foi asignado ós Bakersfield Jam da NBA D-League.[5] Foi chamado de volta polos Hawks o 16 de decembro de 2013.[6]

O 25 de xullo de 2018, Schröder foi traspasado ós Oklahoma City Thunder nun traspaso entre tres equipos que incluía tamén ós Hawks e ós Philadelphia 76ers.[7] Debutou cos Thunder ó 16 de outubro de 2018, facendo 21 puntos, 9 rebotes e 6 asistencias na derrota por 100-108 contra os Golden State Warriors.[8]

O 18 de novembro de 2020, Schröder foi traspasado ós Los Angeles Lakers a cambio de Danny Green e os dereitos do Draft de Jaden McDaniels.[9]

O 13 de agosto de 2021, Schröder asinou cos Boston Celtics un contrato dun ano.[10]

O 10 de febreiro de 2022, Schröder foi traspasado xunto a Enes Kanter Freedom e Bruno Fernando ós Houston Rockets a cambio de Daniel Theis.[11]

En 2023 foi traspasado aos Toronto Raptors por dous anos, cun contrato de $26 millóns de dólares.[12]

O 10 de setembro de 2023 gañou a final do Mundial de 2023 contra a selección de Serbia, sendo nomeado mellor xogador do campionato.[13]  

Estatísticas editar

Tempada regular editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2013–14 Atlanta 49 13.1 .383 .238 .674 1.2 1.9 0.3 0.0 3.7
2014–15 Atlanta 77 19.7 .427 .351 .827 2.1 4.1 0.6 0.1 10.0
2015–16 Atlanta 80 20.3 .421 .322 .791 2.6 4.4 0.9 0.1 11.0
2016–17 Atlanta 79 31.5 .451 .340 .855 3.1 6.3 0.9 0.2 17.9
2017–18 Atlanta 67 31.0 .436 .290 .849 3.1 6.2 1.1 0.1 19.4
Total 352 23.7 .434 .320 .827 2.5 4.8 0.8 0.1 12.9

Playoffs editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2014 Atlanta 2 3.5 1.000 1.000 .000 1.0 0.0 0.0 0.0 2.5
2015 Atlanta 16 18.1 .386 .235 .857 1.8 3.9 0.6 0.0 9.0
2016 Atlanta 10 19.1 .452 .343 .846 1.9 3.6 0.4 0.1 11.7
2017 Atlanta 6 35.2 .455 .425 .838 2.3 7.7 1.2 0.0 24.7
Total 34 20.6 .429 .345 .856 1.9 4.2 0.6 0.0 12.2

Notas editar

  1. Timur Tinç (19 de xaneiro de 2019). "Im Namen des Vaters". Consultado o 23 de agosto de 2023. 
  2. "Stats 2011-12". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2013. Consultado o 09 de xullo de 2014. 
  3. "Stats 2012-13". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2013. Consultado o 09 de xullo de 2014. 
  4. "Shooting Star Dennis Schröder ist der „Most Improved Player“ und der „Beste deutsche Nachwuchsspieler“". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2013. Consultado o 09 de xullo de 2014. 
  5. HAWKS ASSIGN DENNIS SCHRÖDER TO BAKERSFIELD JAM
  6. HAWKS RECALL DENNIS SCHRÖDER FROM BAKERSFIELD JAM, ASSIGN JARED CUNNINGHAM
  7. "Thunder Acquires Dennis Schröder and Timothé Luwawu-Cabarrot". NBA.com. 25 de xullo de 2018. Consultado o 25 de xullo de 2018. 
  8. Efkarpides, George (17 de outubro de 2018). "Schroder shines in Thunder debut". Eurohoops. 
  9. "Lakers Acquire Dennis Schröder". Lakers.com. 18 de novembro de 2020. 
  10. "Celtics Sign Dennis Schröder". NBA.com. 13 de agosto de 2021. 
  11. "Rockets Complete Four Player Trade with Boston". NBA. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 
  12. "Dennis Schroder ; Toronto Raptors". www.nba.com (en inglés). Consultado o 2023-09-10. 
  13. Zanon, Paola (2023-09-10). "Copa de Basquete: Alemanha supera Sérvia na final e conquista título inédito - Quinto Quarto". www.quintoquartobr.com (en portugués). Consultado o 2023-09-10. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar