Selección de baloncesto de Serbia
A selección de baloncesto de Serbia (en serbio Кошаркашка репрезентација Србије / Košarkaška reprezentacija Srbije) representa óa Serbia nos torneos de baloncesto profesional internacionais. Está organizada pola Federación Serbia de Baloncesto.
Serbia | |||
Clasificación | 4 | ||
---|---|---|---|
Afiliación | 1992 | ||
Zona FIBA | FIBA Europa | ||
Federación | Federación Serbia de Baloncesto (KSS) | ||
Adestrador | Aleksandar Đorđević | ||
Xogos Olímpicos | |||
Aparicións | 4 | ||
Medallas | 1996, 2016 | ||
Copa do Mundo da FIBA | |||
Aparicións | 6 | ||
Medallas | 1998, 2002 2014 | ||
EuroBasket | |||
Aparicións | 12 | ||
Medallas | 1995, 1997, 2001 2009, 2017 1999 | ||
Uniforme | |||
|
O equipo foi coñecido ata abril de 1992como selección de baloncesto de Iugoslavia, e ata xuño de 2006 como selección de baloncesto de Serbia e Montenegro. Cando Serbia se independizou, converteuse no sucesor de Serbia e Montenegro e, polo tanto, os resultados da anterior RF Iugoslavia / Serbia e Montenegro lle pertencen por dereito.[1] Con todo a RF Iugoslavia / Serbia e Montenegro non é considerada a sucesora da República Federal Socialista de Iugoslavia, polo que os resultados anteriores a 1992 non pertencen ao actual equipo.[2][3]
Historia
editarRFS Iugoslavia (1936–1991)
editar- Artigo principal: Selección de baloncesto de Iugoslavia.
RF Iugoslavia / Serbia e Montenegro (1992–2006)
editar- Artigo principal: Selección de baloncesto de Serbia e Montenegro.
A pesar de ser un país notablemente máis pequeno, o equipo nacional de baloncesto continuaou a ser moi competitivo na escena internacional. Gañaron varios campionatos de Europa e do Mundo. Dominaron a escena mundial nos anos 1990, nas xeraciónslideradas por xogadores como Vlade Divac, Peja Stojaković, Aleksandar Đorđević e Dejan Bodiroga, mais atravesou unha crise a principios dos anos 2000.
No Eurobasket gañaron 3 medallas de ouro en 1995, 1997 e 2001, e unha de bronce en 1999. Serbia organizou Eurobasket 2005, mais só puido finalizar no 9º lugar. Tamén conseguiu unha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1996.
O Comité Olímpico Serbio elixiu o equipo de baloncesto como o mellor equipo masculino cinco veces entre 1995 e 1998, e en 2002.[4]
Serbia (2006–presente)
editarUnha nova xeración, de novo liderada polo adestrador Dušan Ivković recuperou algo da vella gloria conseguindo a medalla de prata no Eurobasket 2009, e a cuarta praza no Campionato do Mundo de Baloncesto de 2010, co equipo máis novo.[5] A finais de 2013, o membro do salón da fama serbio Aleksandar Đorđević foi confirmado como sucesor de Ivković.
Xogadores
editarEquipo actual
editarEquipo para o Campionato do Mundo de Baloncesto de 2019.
Selección de baloncesto de Serbia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Notas
editar- ↑ "PR no.22: Montenegro becomes 213th FIBA Member". FIBA. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 26 August 2006.
- ↑ "FIBA Medal table". FIBA. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2007. Consultado o 9 June 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2007. Consultado o 10 de setembro de 2014.
- ↑ http://www.oks.org.rs/?page_id=462&lang=sr-latn Arquivado 20 de agosto de 2010 en Wayback Machine.(en serbio)
- ↑ "Duda otpisao Milosavljevića". B92.net (en serbio). BETA. Consultado o 6 August 2012.