Bertha Benz Memorial Route
A Bertha Benz Memorial Route é un itinerario cultural e turístico de Alemaña. Segue a ruta que Bertha Benz seguiu en 1888 na primeira viaxe de longa distancia en automóbil da historia.
Estado federal: | Baden-Württemberg |
---|---|
Rexión: | NordBaden |
Dirección: | Norte-sur, sur-norte |
Comezo | Mannheim |
Punto máis afastado | Pforzheim |
Fin | Mannheim |
Altitude | 89 m ata 359 msnm |
Historia
editarEn 1886 Karl Benz inventou o automóbil (número de patente 37435 do 29 de xaneiro de 1886). Con todo, inicialmente non foi un éxito económico.
A inicios de agosto de 1888, a súa esposa Bertha Benz, xunto cos seus fillos Eugen e Richard, de 15 e 13 anos, demostraron que o automóbil era idóneo para o uso diario. Bertha conduciu en segredo o Benz Patent-Motorwagen nº 3 dende Mannheim até Pforzheim, a súa cidade natal. A viaxe supuxo un importante avance na historia do automóbil.
En Wiesloch tivo que comprar na farmacia local uns litros de ligroína, o carburante co que funcionaba o vehículo. Este estabelecemento converteuse así na primeira estación de servizo da historia. En 1988, centenario da viaxe, inaugurouse unha placa conmemorativa e, en 1991, un monumento en lembranza da fazaña.[1]
Durante o traxecto houbo que realizar algunhas reparacións, dúas das cales Bertha Benz fixo ela mesma na estrada. Liberou a obstrución do carburador cun alfinete do seu sombreiro e empregou unha liga como illante.
Actualidade
editarEn 2007 unha iniciativa privada benéfica fundou dúas asociacións, a Bertha Benz Memorial Route e a Bertha Benz Memorial Club. Esta última está recoñecida como organización sen ánimo de lucro no ámbito da educación, así como da preservación dos monumentos e o patrimonio local.
O 25 de febreiro de 2008 o goberno de Karlsruhe declarou a Bertha Benz Memorial Route como itinerario turístico. Constitúe un monumento dinámico de 194 km no Estado de Baden, e forma parte da historia da industria alemá. O itinerario está incluído na ERIH (Ruta Europea do Patrimonio Industrial).[2]
Percorrido
editarTraxecto de ida
editarA viaxe de ida percorre uns 104 km en dirección sur, de Mannheim a Pforzheim:
Mannheim - Feudenheim - Ilvesheim - Ladenburg - Schriesheim - Dossenheim - Heidelberg - Rohrbach - Leimen - Nußloch - Wiesloch - Mingolsheim - Langenbrücken - Stettfeld - Ubstadt - Bruchsal - Untergrombach - Grötzingen - Berghausen - Söllingen - Kleinsteinbach - Wilferdingen - Königsbach - Stein - Eisingen - Pforzheim
A ruta está sinalizada e correspóndese co itinerario orixinal cunha única excepción. Desde Wilferdingen até Pforzheimviaxou pola actual estrada federal B10.[3] Ese tramo está sinalizado desde novembro de 2012 como "Bertha Benz Memorial Route (hist.)".
Traxecto de volta
editarA viaxe de regreso segue unha ruta diferente en dirección norte ao longo de 90 km desde Pforzheim a Mannheim:
Pforzheim - Bauschlott - Bretten - Gondelsheim - Helmsheim - Heidelsheim - Bruchsal - Forst - Hambrücken - Wiesental - Kirrlach - Reilingen - Hockenheim - Talhaus - Ketsch - Schwetzingen - Friedrichsfeld - Seckenheim - Mannheim
Paisaxes
editarA ruta comunica lugares case esquecidos da viaxe orixinal, e atravesa a rexión vinícola de Baden.
Tamén segue o percorrido de varias vías romanas na zona da chaira do Alto Rin, como a Bergstraße. O seu itinerario pasa pola Foresta de Oden e a rexión de Kraichgau, e desvíase cara a Pforzheim, no norte da Selva Negra, xusto antes de Karlsruhe.
No traxecto de volta pasa de novo por Kraichgau e a chaira do Alto Rin, esta vez por Rheinauen, cara a Mannheim.
Lugares de interese
editar- Mannheim: Pazo, Luisenpark, Torre de auga
- Ladenburg: Museo do automóbil Dr. Carl Benz, casa da familia Benz, cidade vella
- Heidelberg: Castelo, cidade vella, Ponte Vella
- Wiesloch: Stadt-Apotheke (farmacia local, considerada a primeira estación de servizo do mundo)
- Bruchsal: Pazo
- Pforzheim: museo da xoiaría, pazo e colexiata de St. Michael (lugar de enterramento dos margraves de Baden), museo Johannes Reuchlin.
- Bretten: Melanchthonhaus, Mosteiro de Maulbronn (Patrimonio da Humanidade). No mosteiro estudaron, entre outros, Johannes Kepler, Friedrich Hölderlin e Hermann Hesse.
- Hockenheim: Hockenheimring
- Schwetzingen: Castelo
Notas
editar- ↑ "Stadtapotheke Wiesloch - seit 1735" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xullo de 2011.
- ↑ "Deutschlands neueste Ferienstraße ehrt eine Legende" (PDF). Bertha Benz Memorial Route (en alemán). 14 de maio de 2009.
- ↑ Vögele, Rudolf (1997). Ersingen unsere Heimat: Ein Teil seiner Geschichte (en alemán). Geiger-Verlag. ISBN 9783895702921.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Benz, Karl (2014) [1925]. Lebensfahrt eines deutschen Erfinders: Die Erfindung des Automobils. Erinnerungen eines Achtzigjährigen (en alemán) (3ª ed.). CreateSpace Independent Publishing Platform. ISBN 9781496107398.
- Elis, Angela (2010). Mein Traum ist länger als die Nacht. Wie Bertha Benz ihren Mann zu Weltruhm fuhr (en alemán). Hamburgo: Hoffmann und Campe. ISBN 9783455501469.
- Lessing, Hans-Erhard (2007). Mannheimer Pioniere (en alemán). Mannheim: Wellhöfer Verlag. ISBN 9783939540137.
- Lessing, Hans-Erhard (2008) [1913]. Die Benzwagen - Vom ersten Benzinautomobil zum Weltrekordwagen (en alemán). Wellhöfer Verlag. ISBN 9783939540199.
- Schnekker, Anna (2013). Bertha Benz Memorial Route – Geschichte und Kultur entlang der ersten automobilen Fernfahrt. Explorise Ferienstraßen (en alemán) (1ª ed.). Berlín: Grebennikov. ISBN 9783941784376. OCLC 876708141.
- Seidel, Winfried A. (2005). Carl Benz. Eine badische Geschichte. Die Vision vom Pferdelosen Wagen verändert die Welt (en alemán). Weinheim: Diesbach. ISBN 9783936468298.
- Vögele, Rudolf (1997). Ersingen, unsere Heimat – Ein Teil seiner Geschichte (en alemán). Horb am Neckar: Geiger-Verlag. ISBN 9783895702921.
Ligazóns externas
editar- Web oficial
- Mapas de ida e volta para descargar no GPS