Karl Benz

enxeñeiro alemán


Karl Friedrich Benz, coñecido simplemente como Karl Benz foi un enxeñeiro alemán nado en Karlsruhe o 25 de novembro de 1844 e finado en Ladenburg o 4 de abril de 1929. Esta considerado como un dos inventores do automóbil impulsado por un motor de combustión interna.[1]

Infotaula de personaKarl Benz

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalKarl Friederich Michael Vaillant
Biografía
Nacemento(de) Karl Friedrich Michael Benz Editar o valor em Wikidata
25 de novembro de 1844 Editar o valor em Wikidata
Mühlburg (Confederación Xermánica) Editar o valor em Wikidata
Morte4 de abril de 1929 (84 anos)
Ladenburg (República de Weimar) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHemorraxia cerebral Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaLadenburg Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaQ118669544 Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña alemán
EducaciónUniversity of Karlsruhe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseFerdinand Redtenbacher (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro , inventor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalEmil Bühler (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeBertha Benz Editar o valor em Wikidata
FillosRichard Benz
Clara Benz
Ellen Benz
Thilde Benz
Eugen Benz
Premios
Medalla Rudolf Diesel
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Vaillant-41 Find a Grave: 6108462 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Benz Patent-Motorwagen (1885)

 

Tres rodas
Carrocería tubular
Piñón e dirección cremalleira, conectado a un temón; coas rodas encadeadas ao eixo frontal
Arranque eléctrico
Engrenaxes de diferencial traseiro

(válvulas de entrada de accionamento mecánico)

Motor de combustión refrixerado por auga
Motor de 4 tempos transversal, de gasolina ou petróleo
Monocilíndrico, diámetro: 116 mm, carreira: 160 mm
Modelo patente: 958 cc, 0.8 CV, 600 W, 16 km/h
Modelo comercial: 1600 cc, ¾ hp, 13 km/h

Karl Benz naceu co nome Karl Friederich Michael Vaillant o 25 de novembro de 1844 en Mühlburg o agora municipio de Karlsruhe, Baden-Württemberg, que é parte da Alemaña moderna. Os seus pais foron Josephine Vaillant e o condutor de locomotoras chamado Johann George Benz. De acordo coa lei alemá, Karl adquiriu o nome "Benz" do matrimonio legal dos seus pais Benz e Vaillant.[2][3][4][5][6] Cando tiña dous anos de idade, o seu pai morreu de pneumonía, deixando á súa xove esposa en serias dificultades financeiras e cun neno pequeno que criar.[7] Este tráxico evento non fixo que Josephine Vaillant se rendese, e cambiou o apelido ao pequeno Karl de Vaillant a Benz en memoria do seu pai.

En 1871 fundou a súa primeira empresa para vender materiais de construción. Ao ano seguinte casou con Bertha Ringer, con quen tivo cinco fillos: Richard Benz, Clara Benz, Ellen Benz, Thilde Benz e Eugen Benz[8]

En 1883 comezou a construír motores industriais en Mannheim. Instalou un monocilíndrico, de 958 cc e 0,75 cv refrixerado por auga nun triciclo que conduciu pola cidade en 1885. En 1885 Karl Benz e o seu socio Thomas Hardessen reconstruíron o modelo.

O 29 de xaneiro de 1886 Karl Benz solicitou a patente n° 37.435 ao goberno alemán para un vehículo de tres rodas, que é considerado o primeiro vehículo automotor de combustión interna da historia.[9] O Benz Patent-Motorwagen, como se lle chamou, exhíbese hoxe no Museo Alemán (Deutsches Museum) en Múnic. En 1890 uníronselle dous socios: Friedrich von Fischer, que se encargou da administración, e Julius Ganss, responsable de vendas. Así, Benz tiña as mans libres para entregarse ao desenvolvemento da parte técnica dos automóbiles, o que favoreceu a rápida progresión neste campo.

O primeiro vehículo Benz de catro rodas fabricouse en 1893, o Benz Vitoria, e ao ano seguinte o Benz Velo, que foi o modelo de base dos primeiros camións de 1895.

A produción en 1899 era de 572 vehículos, e Benz converteuse nun dos fabricantes de automóbiles máis importantes. Ese ano apareceu o primeiro coche de carreiras, que foi a orixe de numerosos éxitos.

En 1910, Benz funda a Süddeutsche Automobil-Fabrik de Gaggenau. En 1924, Benz e Daimler comezan o proceso de fusión que terminará en 1926, formando a compañía Daimler-Benz.

Faleceu o 4 de abril de 1929 en Ladenburg, Alemaña, aos 84 anos de idade.

Galería editar

Notas editar

  1. La enciclopedia biográfica en linea: Biografias y vidas (ed.). "Karl Benz". Consultado o 29 de outubro do 2017. 
  2. Admin (25-11-2005). "Benz, az automobilok atyja (Benz,o pai dos automóbiles)". National Geographic (en húngaro). 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 30 de setembro de 2007.  Realname:, Karl Friedrich Michael Vaillant. Birthdate:, 25 November 1844. Deathdate:, 4 abril 1929. Birthplace:, Germany, Baden-württemberg, Karlsruhe ...
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 27 de setembro de 2007.  Bei seiner Geburt am 25. November 1844 in Karlsruhe erhielt der spätere Auto-Pionier dean Namen Karl Friedrich Michael Vaillant. Seine Mutter Josephine Vaillant heiratete ein Jahr danach Johann Georg Benz, dean Vater des Kindes.
  5. http://www.egoproject.nl/star/automerk%20symbolen.htm Arquivado 24 de outubro de 2012 en Wayback Machine. Tegelijkertijd met Daimler was Karl Benz ook zeer succesvol in het produceren van auto's. Karl werd geboren als Karl Friedrich Michael Vaillant in 1844 in Muelburb; tegenwoordig Karlsruheen als zoon van Josephine Vaillant en treinmachinist Johann George Benz. Hij kreeg de naam van zijn moeder, omdat zijn ouders pas een jaar na zijn geboorte met elkaar trouwden. Toen Karl 2 jaar oud was verongelukte zijn vader in een spoorwegongeluk.
  6. http://linx3314.wordpress.com/feed/ Karl Benz wurde als Karl Friedrich Michael Vaillant in heutige Kalruher Stadtteil Mühlburg geboren. Sein Mutter hat ein man bei der name Johann Georg Benz.l Er storp eine veile nach dás hochzeit.
  7. http://www.zeno.org/nid/20007927983 Benz, Carl Friedrich: Lebensfahrt eines deutschen Erfinders. Die Erfindung des Automobils, Erinnerungen eines Achtzigjährigen. Leipzig 1936, S. 13-17.
  8. "Programm und Videos am Donnerstag, dem 12.12.2019". www.daserste.de (en alemán). Consultado o 2019-12-12. 
  9. German Patent and Trade Mark Office, ed. (2014-12-22). "Der Streit um den "Geburtstag" des modernen Automobils" [A loita polo nacemento do automóbil moderno] (en al). Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 2 de xuño do 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Benz, Carl (2001). Koehler und Amelang, ed. Lebensfahrt eines deutschen Erfinders : meine Erinnerungen / Karl Benz (en alemán). München. ISBN 3-7338-0302-7.  (autobiografía)[1]
  • Benz, Carl Friedrich (c. 1925). Koehler & Amelang, ed. Lebensfahrt eines deutschen erfinders; erinnerungen eines achtzigjahrigen (en alemán). Leipzig.  (nome edición) (bibrec)
  • Elis, Angela: Mein Traum ist länger als die Nacht. Wie Bertha Benz ihren Mann zu Weltruhm fuhr. Hoffmann und Campe, Hamburg 2010, ISBN 978-3-455-50146-9
  • Mercedes-Benz AG (Hrsg.), Benz & Cie.: Zum 150. Geburtstag von Karl Benz, Motorbuch Verlag: Stuttgart, 1994 1. Aufl. 296 S., 492 Abb., 124 in Farbe, ISBN 3-613-01643-5, (en alemán) (biografía)
  • Seherr-Thoss, Hans Christoph, Graf von (1988). VDI-Verlag, ed. Zwei Männer – ein Stern : Gottlieb Daimler und Karl Benz in Bildern, Daten und Dokumenten (en alemán). Düsseldorf. ISBN 3-18-400851-7.  [2]
  • Siebertz, Paul (1950). Reclam, ed. Karl Benz : Ein Pionier der Motorisierung (en alemán). Stuttgart.  [4]

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar