Karl Liebknecht
Karl Liebknecht, nado en Leipzig o 13 de agosto de 1871 e finado en Berlín o 15 de xaneiro de 1919, foi un socialista alemán, fundador do Partido Comunista Alemán.
Karl Liebknecht | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Karl Paul August Friedrich Liebknecht |
Nacemento | 13 de agosto de 1871, 13 de xaneiro de 1871, 1871 e 13 de novembro de 1871 |
Lugar de nacemento | Leipzig |
Falecemento | 15 de xaneiro de 1919 e 15 de xaneiro de 1929 |
Lugar de falecemento | Berlín |
Soterrado | The Socialists' Memorial |
Nacionalidade | Imperio Alemán e Alemaña |
Alma máter | Universidade de Leipzig, Universidade de Frederico-Guilherme, Universidade Humboldt de Berlín e Universidade de Würzburg |
Ocupación | político, avogado, revolucionario e editor literario |
Pai | Wilhelm Liebknecht |
Cónxuxe | Sophie Liebknecht |
Fillos | Robert Liebknecht |
Irmáns | Otto Liebknecht e Theodor Liebknecht |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo dun dos fundadores do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), Wilhelm Liebknecht, críase na miseria a causa do encarceramento do seu pai. As reformas sociais de Bismarck afectárono cando aínda andaba na escola.
Máis tarde comezaría a estudar Filosofìa, Economía, Historia e Dereito na súa cidade natal ata que a súa familia mudou para Berlín, onde contiuou os seus estudos. Entre 1883-1884 foi recrutado. Logo presentaría a súa tese doutoral en Dereito. A avogacía foi a súa primeira profesión: abriu un despacho para defender socialdemócratas e recrutas maltratados polo réxime monárquico.
Continua a súa actividade política desde o SPD e escribindo libros contra o Exército. Precisamente a súa obra "Militarismo e Antimilitarismo" (1907) cústalle un ano e medio de cadea. Defendeuse a si mesmo no caso, gañando dese xeito moita popularidade ata o punto de que foi elixido deputado do parlamento de Prusia.
Durante a primeira guerra mundial desmarcouse da liña oficial do seu partido, que apoia no parlamento a aprobación dos créditos de guerra (que serán aprobados), declarándose publicamente contrario á guerra . Porén foi enviado á fronte o ano 1915 (a pesar da súa inmunidade parlamentaria), vivindo, polo tanto, moi de preto a contenda. Un ano despois, con outros membros do SPD, condenan a guerra, sendo expulsados do partido. Proseguiu, logo de volver da fronte, co seu activismo antibelicista, encabezando unha manifestación. Isto tróuxolle unha condena de catro anos de cárcere. Os opositores á guerra, entre os que destaca Rosa Luxemburg, crean Spartakusbund (Liga Espartaquista), o 1 de xaneiro de 1916, para agrupar os disidentes do SPD.
Karl Liebknecht é liberado da prisión logo da revolución de outubro de 1918, a Revolución alemá, que marcará o fin da guerra e o comezo da Alemaña republicana. O 7 de xaneiro de 1919 os espartaquistas tentan organizar un Comité Militar Revolucionaro, ao estilo ruso, pero non hai detrás sóviets. O 13 de xaneiro, un destacamento dos "Corpos Libres" (Freikorps), organizados polo ministro de Defensa, Noke, detivérono. Dous días despois é asasinado xunto a Rosa Luxemburg e Leo Jogiches en aplicación da "lei de fugas".