Partido Comunista Alemán

O Partido Comunista Alemán (DKP, en alemán: Deutsche Kommunistische Partei) é un partido comunista marxista-leninista fundado na Alemaña Occidental en 1968 como substituto do Partido Comunista de Alemaña (KPD), ilegalizado polo Tribunal Federal en 1956.

Partido Comunista Alemán
Deutsche Kommunistische Partei
Partido político de Alemaña
Deutsche Kommunistische Partei Logo.svg
Dirixentes e organización
LíderPatrik Köbele
Filiación internacionalPartido da Esquerda Europea
Historia
Fundación1968
Posicións políticas
IdeoloxíaEurocomunismo, Marxismo-leninismo
Outros datos
SedeEssen
PublicaciónUnsere Zeit
Páxina webhttp://www.dkp.de/

HistoriaEditar

O DKP foi fundado na Alemaña Occidental (RFA) en 1968 co fin de ocupar o espazo político deixado polo Partido Comunista de Alemaña despois da súa ilegalización polo Tribunal Constitucional Federal en 1956. Durante a guerra fría, o DKP recibía a maior parte dos seus fondos do Partido Socialista Unificado de Alemaña (SED), que detentaba o poder na Alemaña Oriental desde o fin da segunda guerra mundial. Após a reunificación, o DKP entrou nunha época de decadencia, perdendo apoio popular e militantes até unha décima parte dos que tiña na época anterior á unificación. Un grande número de militantes do partido abandonarono para unirse ao Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), nacido naquela época como sucesor do SED.

ActualidadeEditar

O DKP é hoxe un partido minoritario. Canto á súa filiación internacional, fai parte, como membro, da Esquerda Anticapitalista Europea e, en calidade de observador, do Partido da Esquerda Europea. Mantén, por outra banda, un semanario afín, o unsere Zeit. En 2005, o seu líder Heinz Stehr pediu o voto para a coalición Die Linkspartei, formada polos excomunistas da Alemaña Oriental (PDS) e a escisión do SPD liderada por Oskar Lafontaine.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar