Abrir o menú principal

Lars Onsager, nado en Oslo en 1903 e finado en 1976, foi un químico e profesor universitario estadounidense de orixe norueguesa. Foi galardonado co Premio Nobel de Química o 1968.

Lars Onsager
Nobel prize medal.svg
Onsager 1968.jpg
Lars Onsager
Datos persoais
Nacemento27 de novembro de 1903
LugarOslo Noruega Noruega
Falecemento5 de outubro de 1976
LugarFlorida Estados Unidos de América Estados Unidos
SoterradoGrove Street Cemetery
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeNoruega Noruega Estados Unidos de América Estados Unidos
EtniaPobo noruegués
Cónxuxe
  • FillosErling Onsager
    Actividade
    Campo
  • Fisicoquímica
  • Alma máter
  • Instituto Tecnolóxico de Noruega
  • Director de tesePeter Debye
    Alumnos de tese
  • Joseph L. McCauley
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Relación de reciprocidade de Onsager
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1968)
  • Lars Onsager signature.png
    editar datos en Wikidata ]

    TraxectoriaEditar

    Naceu na cidade de Oslo, capital actual de Noruega pero que naqueles momentos estaba unida ao Reino de Suecia baixo o dominio persoal de Óscar II de Suecia, pero coa súa propia Constitución e goberno.

    Estudou enxeñería química no Instituto Tecnolóxico de Noruega situado na cidade de Trondheim, onde se graduou en 1925.

    En 1928 viaxou a Estados Unidos para aceptar a oferta da Universidade Johns Hopkins de Baltimore para converterse en profesor de química, cargo que abandonou ao final do primeiro semestre ao observar que non tiña talento para a docencia. Posteriormente ingresou na Universidade de Brown en Providence e na Universidade Yale, onde foi profesor desde 1933 a 1972, e onde obtivo o doutoramento o 1935.

    Onsager conseguiu a nacionalidade estadounidense en 1945. Morreu o 5 de outubro de 1976 na súa residencia de Coral Gables, cidade situada no estado norteamericado de Florida.

    Véxase taménEditar