Peter Debye
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Petrus (Peter) Josephus Wilhelmus Debye ou Petrus Josephus Wilhelmus Debije, nado en Maastricht (Países Baixos) o 24 de marzo de 1884 e finado en Ithaca (Nova York) o 2 de novembro de 1966 foi un físico-químico e profesor universitario estadounidense de orixe neerlandesa.
Traxectoria
editarEstudou matemáticas, física e química na Universidade Técnica de Aquisgrán, universidade situada en Alemaña pero a tan só 30 quilómetros de Maastricht, e onde se licenciou en 1905 baixo a supervisión de Arnold Sommerfeld. En 1906 doutorouse na Universidade de Múnic, tamén baixo a supervisión de Sommerfeld, o cal nomearao asistente persoal. Conseguiu o seu PhD (Philosophiæ Doctor) cunha disertación sobre presión de radiación en 1908.
Entre 1911 e 1935 impartiu clases de física nas universidades de Utrecht en 1912, Gotinga en 1913, volveu á Zürich en 1920, na de Leipzig en 1927, e finalmente volveu a Berlín en 1934 onde foi nomeado director do Instituto Kaiser Guillerme de Física.
En 1913 casou con Mathilde Alberer. Tiveron unha filla e un fillo (Peter P. Debye) que se converteu nun físico recoñecido e colaborou con Debye nalgunhas das súas investigacións.
En 1938 trasladouse aos Estados Unidos, onde impartiu clases de química na Universidade Cornell entre 1940 e 1952. En 1946 obtivo a cidadanía estadounidense e nese momento cambiouse o seu nome holandés pola súa transcrición inglesa.
Debye faleceu o 2 de novembro de 1966 na poboación de Ithaca, a consecuencia dun infarto de miocardio.
Investigacións científicas
editarEn 1912 introduciu unha modificación na teoría da calor específica desenvolvida por Albert Einstein, calculando a probabilidade de calquera frecuencia de vibracións moleculares ata unha frecuencia máxima; este desenvolvemento foi un dos primeiros éxitos teóricos da teoría cuántica.
En 1913, estendeu a teoría da estrutura atómica de Niels Bohr, introducindo órbitas elípticas no modelo, concepto tamén introducido polo físico alemán Arnold Sommerfeld.
En 1923, co seu asistente Erich Hückel, desenvolveu unha mellora na teoría de Svante Arrhenius sobre a condutividade eléctrica en solucións electrolíticas, coñecida como ecuación Debye-Hückel, que hoxe en día aínda se considera como un importante paso na comprensión das solucións electrolíticas.
Tamén en 1923, xunto con Arthur Holly Compton, desenvolveu unha teoría para explicar o efecto Compton, a difracción dos raios X cando interactúan con electróns.
En 1926 suxeriu a existencia do efecto magneto-calórico, mediante o cal pódense obter temperaturas inferiores a 0,3 kelvin.
Foi galardoado en 1936 co premio Nobel de Química polas súas contribucións ao coñecemento das estruturas moleculares.
Recoñecementos
editarNa súa honra bautizouse ao asteroide (30852) Debye descuberto o 2 de outubro de 1991 por Freimut Börngen e Lutz D. Schmadel.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peter Debye |
Bibliografía
editar- Davies, M. (1970). "Peter Joseph Wilhelm Debye. 1884–1966". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 16: 175. doi:10.1098/rsbm.1970.0007.
- Smith, Charles (1970–80). "Debye, Peter Joseph William". Dictionary of Scientific Biography. 3. Nova York: Charles Scribner's Sons. pp. 617–621. ISBN 978-0-684-10114-9.
- Williams, J. W. (1975). Peter Joseph Wilhem Debye (PDF). National Academy of Sciences.
Ligazóns externas
editar- Peter Josephus Wilhelmus Debye – Institute of Chemistry, Hebrew University (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
- "Peter Joseph Wilhelm Debije (1884 - 1966)" (en neerlandés). Royal Netherlands Academy of Arts and Sciences.