Odd Hassel

físico e químico noruegués

Odd Hassel, nado en Oslo (Noruega) o 17 de maio de 1897 e finado o 11 de maio de 1981, foi un físico, químico e profesor universitario noruegués galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1969.

Modelo:BiografíaOdd Hassel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de maio de 1897 Editar o valor en Wikidata
Christiania, Noruega (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de maio de 1981 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Oslo, Noruega Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Vår Frelsers (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Oslo
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFisicoquímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfisicoquímico, profesor universitario, químico, físico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oslo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
PaiErnst August Hassel Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Хассель Одд) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Hassel-180 Find a Grave: 104617037 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Odd naceu na cidade de Oslo, capital actual de Noruega, pero que naqueles momentos estaba unida ao Reino de Suecia baixo o dominio persoal de Óscar II de Suecia pero coa súa propia constitución e goberno. En 1915 ingresou na Universidade de Oslo para estudar física, química e matemáticas, e licenciouse en 1920. En 1924 realizou o doutoramento na Universidade de Berlín, e en 1934 aceptou a oferta da Universidade de Oslo para converterse en profesor de fisicoquímica, cargo que ocupou ata 1964, cando se xubilou.

Durante a ocupación de Noruega pola Alemaña nazi durante a Segunda guerra mundial, Hassel foi recluído dous anos no campo de concentración de Grini, onde compartiu cela con Ragnar Frisch, galardoado co Premio Nobel de Economía do ano 1969. Foi liberado en novembro de 1944.

Investigacións científicas

editar

Interesado inicialmente na química inorgánica, a partir da década de 1930 interesouse na estrutura molecular, en particular do composto químico ciclohexano. Foi o introductor en Noruega das medidas dos momentos de dipolo eléctrico e da difracción do electrón por parte dos vapores. Os seus traballos revelaron o modo de orientación dos átomos que forman parte dos compostos químicos.

Durante a década de 1950 os seus traballos sobre os compostos químicos foron ampliados posteriormente polo químico Derek Harold Richard Barton mediante a técnica de conformación química, o que abriu a posibilidade de crear moléculas sintéticas de aplicación farmacéutica. En 1969 foi galardoado co Premio Nobel de Química, xunto con Derek Barton, polas súas contribucións ao desenvolvemento do concepto da conformación química e o seu uso en química.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Lars Onsager
Premio Nobel de Química
 

1969
con
Derek Harold Richard Barton
Sucesor:
Luis Federico Leloir