Filantropía

A filantropía é o amor ao xénero humano e todo o que á humanidade representa, particularmente na súa forma positiva e construtiva, expresado na axuda aos outros sen que necesariamente se precise dun intercambio ou interese ningún nunha resposta. Os esforzos filantrópicos son realizados por parte de individuos ou grupos de individuos organizados. Baséanse en donativos a organizacións humanitarias, persoas, comunidades, ou no traballo de cooperación motivado por un fin humanitario, tal que o traballo de voluntario para dar apoio a institucións que teñen o propósito específico de axudar aos seres vivos e mellorar as súas vidas, son considerados actos filantrópicos.