Matías López López
Matías López López, nado en Santa Mariña de Sarria, o 17 de maio de 1825 e finado en Madrid o 18 de xuño de 1891, foi un político e industrial galego, benefactor do concello de Sarria.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1825 Sarria, España |
Morte | 18 de xuño de 1891 (66 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Q89547790 | Fundador da fábrica de chocolates Matías López |
Actividade | |
Ocupación | Empresario e político |
Empregador | Chocolates Matías López |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Andrea de Andrés Sánchez primeira Marquesa de Casa-López |
Fillos | Asunción, Rosa, Matías, Pablo e Mª del Carmen |
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarIndustrial chocolateiro en Madrid, político e filántropo sarriao, foi o membro máis destacado da familia dos "Moreno" de longo asentamento na vila de Sarria. Matías López López, fillo e neto de labregos pobres, naceu na casa paterna que na fronteira á rúa ten unha lápida que di: "El Ayuntamiento de Sarria al Excmo. Sr. D. Matías López López. Benefactor e insigne hijo de esta villa. Nació en esta casa el 17 de mayo de 1825". É unha das máis humildes e reducidas casas da Sarria histórica, e no catastro de Ensenada (1753) aparece sendo titular dela unha María López.
Actividade empresarial
editarEmigrado a Madrid en 1840, montou unha factoría para a elaboración de chocolate e produtos de pastelería.
- Artigo principal: Chocolates Matías López.
Alcanzou un grande éxito económico e postos de relevancia na política e no mundo empresarial, sendo destacado promotor do asociacionismo ó redor da Cámara de Comercio madrileña.
Política
editarFoi deputado polo distrito de Sarria (1872-1873 e 1876-1879), senador pola provincia de Lugo (1877) e designado senador vitalicio en 1883. O seu sobriño Venancio Vázquez López fixo fortuna en Madrid e tamén participou na vida política da capital do Estado, sendo tenente de alcalde de Madrid[1].
Vida persoal
editarFormou familia en Madrid, casou con Andrea Andrés Sánchez, e alí, e no Escorial, naceron e morreron os seus fillos, sobrevivindo as fillas Rosa, Carme e Asunción, das que quedou unha numerosa descendencia.
Após a súa morte, a súa viúva, Andrea Andrés Sánchez, obtivo da Santa Sé o título de Marquesa de Casa López.
Filantropía
editarEn cumprimento de disposición testamentaria de Matías López, con cargo á súa testamentaría edificouse o edificio das Escolas Públicas de Sarria[2], grazas ao legado de 110.000 pesetas[3], segundo proxecto redactado por Luís Bellido. O construtor foi José Rivas Novoa, veciño de Lugo. As escolas, dotadas con moderno material, foron proba do cariño que Matías López tivo con Sarria, a onde se desprazaba con moita frecuencia malia a dificultade das comunicacións con Madrid, tendo todo xénero de deferencias para coa súa terra natal.
En 1878 o concello, dado que o reloxo de Santa Mariña estaba inservible, prégalle a Matías López que adquira un en Madrid, ao que accede en 1885, dando 500 pta. e ofrecendo máis se fixesen falla, para algunhas medidas excepcionais por mor da epidemia de cólera. No ano 1886 o concello acordou obsequiar a Matías López cunha serenata, no mes de agosto, por xoves afeccionados. En 1888 acordan darlle o nome de rúa Matías López ó treito comprendido entre as casas de Juan Puga e a de Bernardo Rodríguez Romay, pasando pola igrexa de Sta. Mariña[4], para as que Matías López doou as vidreiras[3], "xa que mirou ó pobo sempre con cariño e predilección, interesándose pola súa grandeza e distinguíndoo con algún donativo". Matías López paga os letreiros das rúas e acordan darlle outra serenata.
En 1890 dirixiu carta sobre supresión de Xulgados. Diríxense a este e ó Conde Pallares, Manuel Becerra, Benigno Quiroga e L. Ballesteros para xestionar que non se suprima o de Sarria[Cómpre referencia].
A súa viúva impulsou o Hospital Municipal Campo de Outeiro, inaugurado en 1909[5].
Homenaxes
editar- Gran Cruz de Isabel la Católica
- Encomienda de Isabel la Católica
- Legion d’Honneur
- Unha das rúas principais de Sarria leva o seu nome[6]
Notas
editar- ↑ "El sarriano que resucitó un pueblo". Bitácora de Cora; Galiciae.com (en castelán). Consultado o 2022-07-01.
- ↑ "O mecenas Matías López". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-10-30. Consultado o 2022-07-01.
- ↑ 3,0 3,1 "O mecenas Matías López". La Voz de Galicia. 2004-10-30. Consultado o 2022-07-01.
- ↑ "SANTA MARIÑA (SARRIA) – Badaladas.gal". Consultado o 2022-07-01.
- ↑ "Sarria". www.caminofrances.org (en castelán). Consultado o 2022-07-01.
- ↑ "A rúa Matías López foi das que deu orixe á Sarria moderna". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-07-29. Consultado o 2022-07-01.