Álvaro Gil Varela

enxeñeiro de montes, empresario e filántropo galego

Álvaro Gil Varela, nado en Lugo en 1905 e finado en Madrid o 2 de outubro de 1980,[1] foi un enxeñeiro de montes, empresario e filántropo galego.

Modelo:BiografíaÁlvaro Gil Varela
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de outubro de 1980 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Berlín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario, filántropo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

BUSC: gil-alvaro-1905-1980 Nomes e Voces: 13833

Traxectoria

editar

Durante a súa mocidade participou na redacción da revista Ronsel, publicada en Lugo e dirixida por Evaristo Correa Calderón.

Foi axudante de Montes da Deputación de Pontevedra en 1929. Ampliou estudos en Francia e Italia sobre técnicas de pastos. Estivo aloxado na Residencia de Estudiantes. Ampliou estudos en Alemaña en 1934, onde se doutorou pola Universidade de Berlín en Ciencias Naturais. Traballou e colaborou co doutor Cruz Gallástegui en xenética animal.

Vinculado co galeguismo republicano, formou parte do Partido Galeguista. En xuño de 1936 o gobernador civil de Pontevedra Gonzalo Acosta Pan delegou nel a presidencia da Xunta Provincial do Paro.[2][3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo encarcerado. Abríronlle expediente pola Comisión Provincial de Incautación de Bens en 1938,[4] e foi depurado, sendo sancionado con tres anos de inhabilitación para o cargo de axudante de repoboación forestal.[5] Desposuído dos seus títulos académicos entrou en contacto coa empresa Zeltia, na que ocuparía cargos directivos. Tamén participou na xestión de Transfesa. Durante o período franquista axudou a financiar a actividade clandestina do nacionalismo galego.[6]

Entre 1955 e 1980 realizou numerosas doazóns ao Museo Provincial de Lugo, entre as que se contan obras pictóricas e pezas de incalculable valor, como o torque de Burela e o carneiro alado de Ribadeo, ademais de brazaletes, arracadas e pulseiras de ouro de tradición celta. No 2009 unha sentenza xudicial deu a razón aos seus herdeiros, que reclamaban a reversión das devanditas doazóns.

Recoñecementos

editar

Foi nomeado Fillo Predilecto da cidade de Lugo.

Vida persoal

editar

Casou en Lugo con Antonia Arias Vázquez en marzo de 1931.[7]

  1. Perfecto Conde Muruais (3 de outubro de 1980). "Murió Alvaro Gil, impulsor de la cultura gallega". El País. 
  2. El Diario de Pontevedra, 20-6-1936, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 1-7-1936, p. 1.
  4. El Compostelano, 2-7-1938, p. 2.
  5. El Pueblo Gallego, 25-1-1940, p. 5.
  6. Cilia Torna (14 de abril de 2017). "Os outros legados de Álvaro Xil". Nós Diario. Consultado o 2022-01-11. 
  7. El Ideal Gallego, 6-3-1931, p. 5.