Vicente Casabella
empresario e filántropo galego
Vicente Casabella Fernández, nado no Candedo (Ourol) o 2 de xullo de 1840 e finado na Coruña o 27 de xullo de 1900, foi un empresario e filántropo galego[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1840 O Candedo, España |
Morte | 27 de xullo de 1900 (60 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario , filántropo |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarNaceu nunha familia pobre, e de novo emigrou a Cuba. Alí traballou de carboeiro e tempo despois montou o seu propio negocio. Retornou a Galicia e instalouse na Coruña. Deixou estipulado no seu testamento que se construíse unha escola para nenos e nenas na súa parroquia natal que levase o seu nome. En 1931 o municipio deulle o seu nome á avenida que atravesa a capital do concello, que promovera Eugenio Quintana.
En 1974 inaugurouse unha nova escola que leva o seu nome, o EEI Vicente Casabella[2].
Notas
editar- ↑ Concello de Ourol. Ourol. A nosa historia. 2011. ISBN 978-84-606-5262-5
- ↑ "Ourol, el lujo de la educación pública", artigo en El País, 8 de outubro de 2007 (en castelán).