Policarpo Sanz

empresario galego

José Policarpo Sanz Soto, nado en Marín o 25 de xaneiro de 1841 e finado en París o 9 de novembro de 1889, foi un industrial e mecenas galego.

Policarpo Sanz
Retrato de Policarpo Sanz, Francisque Edouard Bertier, 1888.jpg
Nome completoJosé Policarpo Sanz Soto
Nacemento25 de xaneiro de 1841
Lugar de nacementoMarín
Falecemento9 de setembro de 1889
Lugar de falecementoParís
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
CónxuxeIrene de Ceballos
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo do peiteador tudense Diego Sanz Cividanes e da viguesa Antonia Soto Díaz, naceu en Marín, se ben a súa infancia transcorreu en Vigo. Como emigrante en Cuba, primeiro, e nos Estados Unidos de América, despois, José Policarpo Sanz Soto construíu un importante grupo industrial, axudado tamén polo seu casamento con Irene de Ceballos, adiñeirada herdeira de orixes cubanas.

Fixo testamento en 1888. Despois da súa morte e a da súa muller e herdeira única e universal que o sobreviviu 46 anos, seguíndose o seu desexo, a súa inmensa colección de obras de arte foi doada ao Museo Municipal de Vigo. Nesa colección atopábanse importantes cadros de pintores flamengos, franceses, italianos e españois.[1]

Tralo seu pasamento en París en 1889, os seus restos embalsamados, foron trasladados en 1891 ao antigo cemiterio de Vigo de Picacho, e máis tarde a un panteón ao daquela novo Cemiterio de Pereiró.

Na súa honra, o concello de Vigo bautizou unha das súas principais rúas co nome do mecenas, que hoxe é o enderezo das sedes de institucións bancarias, de teatros e centros culturais.

NotasEditar

  1. Lamas, Jorge (12/9/2015). "Réquiem por Policarpo Sanz". La Voz de Galicia (en castelán). 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar