Enrique Peinador

empresario e filántropo galego
(Redirección desde «Enrique Peinador Lines»)

Enrique Peinador Lines, nado en Pontevedra en 1880 e finado en Vigo o 19 de xuño de 1940[1], foi un empresario e filántropo galego.

Infotaula de personaEnrique Peinador

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1880 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xuño de 1940 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor , filántropo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosEnrique Peinador Porrúa Editar o valor em Wikidata
PaiEnrique Peinador Vela Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Familia Peinador en 1931.

Fillo de Sabino Enrique Peinador Vela, sucedeu ao seu pai como xerente do balneario de Mondariz en 1907. Foi Socio protector do Seminario de Estudos Galegos, académico correspondente da Real Academia Galega e artífice da constitución do concello de Mondariz-Balneario en 1924. Membro do Partido Galeguista, en abril de 1936 foi elixido compromisario na candidatura da Fronte Popular por Pontevedra para a elección do presidente da República.[2]

Xunto co seu irmán, Ramón Peinador Lines, converteu Mondariz nun importante centro da cultura galega onde se celebraban faladoiros literarios coa participación dos intelectuais, como a sesión de ingreso na Real Academia Galega de Ramón Cabanillas en 1920. Subvencionou exploracións arqueolóxicas, promocionou diversas publicacións no balneario e creou un museo con pezas arqueolóxicas e etnográficas. En 1936 expropiáronlle os terreos onde se construíu, en 1954, o aeroporto de Vigo.

Publicou diferentes artigos en Mondariz e La Temporada en Mondariz, colaborou na Guía turística Mondariz-Vigo-Santiago (1912) e escribiu Vocabulario dos cesteiros de Mondariz, na revista Nós (1922).

En 2004 foi nomeado fillo adoptivo de Mondariz-Balneario.

Vida persoal editar

Casou con Georgina Porrúa Moreno de Villar e foi pai de Enrique Peinador Porrúa.

Notas editar

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 20-6-1940, p. 6.
  2. La Vanguardia, ed. (28 de abril de 1936). "Las elecciones de compromisarios en provincias". Barcelona: 30. Consultado o 9 de abril de 2011. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar