Ángela Santamarina Alduncín

nobre e filántropa galega

Ángela Santamarina Alduncín, nada en Tandil (Provincia de Buenos Aires, Arxentina) en xaneiro de 1863 e finada en Ourense o 5 de xullo de 1956,[1] foi unha nobre e filántropa galega.

Ángela Santamarina Alduncín
Ángela Santamarina, viuda de Temes, condesa del Valle de Oselle 1926.jpg
Nacementoxaneiro de 1863
 Tandil
Falecemento5 de xullo de 1956
 Ourense
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónfilántropa e nobre
PremiosGran Cruz da Orde Civil de Beneficencia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era filla do ourensán Ramón Santamarina Valcárcel e de María Ángela de Alduncín Gaspuy. A súa nai morreu cando ela tiña tres anos, e ela e os seus irmáns quedaron ao cargo da súa tía Dolores Santamarina. Esta estivera casada con Rafael Vidal, e fora nai de Alejandro Vidal Santamarina. Logo de quedar viúva casou con Antonio Varela Bahamonde. Os irmáns de Ángela Santamarina decidiron regresar a Arxentina, pero ela quedou a vivir en Ourense e adoptou o apelido do marido da súa tía, polo que foi coñecida tamén como Angelita Varela.

Casou co fidalgo Isidoro Temes Sáenz, que finou en 1918. En 1920 o rei Afonso XIII rehabilitou o condado do Val de Ouselle, e a súa tía Dolores cedeullo a Ángela. En 1924 mercou o título de marquesa de Atalaya Bermeja.

O feito de que o seu pai a deixase nunha boa posición económica fixo que seguise facendo obras de caridade, ao igual ca a súa tía. Amais, adoitaba acoller na súa casa de Ourense visitantes ilustres. En 1925 foi nomeada presidenta de honra da Cruz Vermella Española, e condecorada coa Gran Cruz de Beneficencia. O seu confesor era o sacerdote Antonio Rey Soto, a quen axudou a reunir a súa biblioteca persoal, conservada no Convento de San Xoán de Poio.

Creou a fundación Santamarina-Temes, encargada da xestión do complexo do Santo Anxo, onde se conservan todas as súas propiedades, como pezas de cerámica de Sargadelos, obras pictóricas ou xoias.

Tamén foi unha das principais socias protectoras do Seminario de Estudos Galegos.[2]

NotasEditar

  1. "Dona Ángela Santamarina (Angelita Varela)". Ourense no tempo. 2011-01-07. Consultado o 2020-12-30. 
  2. Marco, Aurora. (2020). Irmandiñas. Santiago de Compostela, Galiza, U.E.: Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-466-9. OCLC 1190653388. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar