Pedro Murias
Pedro Murias Rodríguez, nado na Devesa (Ribadeo) en 1840 e finado na Habana en 1906, foi un indiano e filántropo de orixe galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1840 Ribadeo, España |
Morte | 1906 (65/66 anos) A Habana, Cuba |
Actividade | |
Ocupación | filántropo, empresario |
Traxectoria
editarDespois de nacer e comezar a medrar en San Xián dos Carballos (A Devesa)[1], emigra a Cuba (1865) sendo aínda un rapaz atopando un emprego nunha fábrica de tabacos. En Cuba dedicarase a distintos negocios (fábrica de cervexa, frota de transporte e participación noutras actividades industriais[1]), mais principalmente estará relacionado coa industria do tabaco.
No 1870 unha doenza obrígao a volver a Galicia. Recuperado e volto a Cuba, funda a súa primeira fábrica, 'La Meridiana'. Creou varias marcas de cigarros (Balmoral, La Devesa, Flor de los campos de Cuba, El indolico, La Meridiana, Pedro Murias, La Reserva, La Viajera) e aparece entre as marcas máis vendidas de puros habanos en listados de 1904. A súa leira de Vuelta Abajo, en Pinar del Río, tiña 47 000 hectáreas[2], o que dá idea da importancia que acadou o seu negocio. Tras a súa morte, as súas fábricas sufriron diferente sorte. 'La Meridiana', a que fora súa primeira fábrica, fundada na Habana, patroneada xa polos irmáns Díaz, cambiou o seu nome a 'Real fábrica de tabacos El Fin del Mundo'[3].
No ano 1892 a súa fortuna e influencia fixeron posible que tivese a concesión para construír peirao e depósitos en Dimas, que en 1896, xa como concello, e en agradecemento á súa xenerosidade, pasaría a chamarse 'San Pedro Murias'[4] (con posterioridade, volveu chamarse 'Dimas[5]').
Contribuíu á sociedade Naturais de Galicia, fundada na Habana como sostén da emigración. No seu testamento destinou a maioría das súas riquezas á creación da Fundación Agrícola Pedro Murias[6], que deu lugar á Granxa Escola Pedro Murias[7], na súa parroquia natal.
Pedro Murias recibiu unha distinción co motivo do seu 'concurso decisivo á fundación de Dimas ou San Pedro de Murias: 'En graza ós servizos que tiña prestado á clase indixente do pobo en formación', por Real Orde de 4 de novembro de 1897 ingresou na Orde Civil de Beneficencia, honor acreditado por diploma expedido en 19 de xaneiro de 1898 firmado por Segismundo Moret[8].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 ""Pedro Murias: Tabaqueiro na Habana, indiano na Devesa"". CDL. Consultado o 28/10/2016.
- ↑ Fernández Vizoso, Martín (8/8/2016). "La finca de 47.000 hectáreas de Murias y otros prodigios de la emigración". La Voz de Galicia. Consultado o 8/8/2016.
- ↑ "Whitout the gost of a chance - Pedro Murias' La Meridiana". Consultado o 28/10/2016.
- ↑ "3 de septiembre". Calendario cubano. Consultado o 28/10/2016.
- ↑ "Dimas en Open Street Map". OpenStreetMap. Consultado o 28/10/2016.
- ↑ Costa, Antón (outubro 1992). "Na escola do franquismo non había a ilusión que debía haber". Nova Escola Galega (14): 66–68.
- ↑ Fernández Vizoso, Martín (23/10/2016). "La granja Pedro Murias sentó las bases del agro comarcal y del grupo lácteo gallego". La Voz de Galicia. Consultado o 28/10/2016.
- ↑ "Anales de la Academia de la Historia; publicación bimestre. [1921] (p.270)". Consultado o 28/10/2016.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cabana Iglesia, Ana (2006). "O éxito empresarial na emigración e a industria tabaqueira nas últimas décadas da Cuba colonial" in Empresarios de Galicia. http://fundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/files/empresarios_de_galicia_vol1_c08.pdf: CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia. pp. 126–139.