Alfredo Álvarez Pérez
arquitecto e filántropo galego
Alfredo Álvarez Pérez, nado en Cortegada en 1868 e finado en Buenos Aires o 7 de novembro de 1924[1], foi un arquitecto e filántropo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1868 Cortegada, España |
Morte | 7 de novembro de 1914 (45/46 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Familia | |
Irmáns | Guillermo Álvarez Pérez |
Traxectoria
editarEmigrou a Buenos Aires en 1885 co seu pai e o seu irmán Guillermo. Traballou como obreiro da construción e fíxose arquitecto. Construíu co seu irmán Guillermo a Embaixada de España en Buenos Aires. Foi socio fundador do Centro Gallego, para o que achegou un terreo, presidente do Consello de Administración do Banco Español del Río de la Plata, da Asociación Patriótica Española e da Azucarera Argentina. Foi presidente do Centro Gallego (1918-1923).
Notas
editar- ↑ Correo de Galicia, 8-11-1925, p. 1.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Artigo "ÁLVAREZ PÉREZ, Alfredo", en Gran Enciclopedia Galega.