Guillermo Álvarez Pérez
Guillermo Álvarez Pérez, nado en Cortegada en 1867 e finado en Buenos Aires o 6 de outubro de 1929[1], foi un arquitecto e filántropo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1867 Cortegada, España |
Morte | 6 de outubro de 1929 (61/62 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto , filántropo |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Alfredo Álvarez Pérez |
Traxectoria
editarEmigrou a Buenos Aires en 1885 co seu pai e o seu irmán Alfredo. Traballou como obreiro da construción e fíxose arquitecto. Construíu co seu irmán Alfredo a Embaixada de España en Buenos Aires. Foi socio do Centro Gallego. Grazas a súa amizade co conde de Bugallal conseguiu para Cortegada escolas, xulgado de paz, correos e telégrafos e estrada. Contribuíu a sufragar os gastos destas instalación, principalmente a construción do edificio do Concello, xulgado, escolas e vivendas para mestres. No seu testamento deixou 100.000 pesetas para repartir entre os pobres do concello, 150.000 para edificación dunha Casa consistorial escolar e 3.000 pesetas para arranxo da praza[2]. Foi condecorado por Afonso XIII coa Gran Cruz de Sabela a Católica.
En Cortegada hai unha rúa co nome de Irmáns Álvarez. Dedicáronlle uns xardíns onde instalaron un busto obra de Francisco Asorey.
Notas
editar- ↑ Correo de Galicia, 13-10-1929, p. 4.
- ↑ El Progreso, 9-5-1930, p. 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Artigo "ÁLVAREZ PÉREZ, Alfredo", en Gran Enciclopedia Galega.