Ruhollah Khomeini
Ruhollah Mostafavi Moosavi Khomeini, máis coñecido como Ruhollah Khomeini (persa: روحالله خمینی), nado o 24 de setembro de 1902 en Khomein, e finado o 3 de xuño de 1989 en Teherán, foi un aiatolá iraniano.
Ruhollah Khomeini روحالله خمینی | |
![]() | |
3 de decembro de 1979 – 3 de xuño de 1989 | |
Presidente | Abolhassan Banisadr Mohammad-Ali Rajai Ali Khamenei |
Precedido por | Mohammed Reza Pahlavi Como Xa de Irán |
Sucedido por | Ali Khamenei |
Datos persoais
| |
Nacemento | 24 de outubro de 1902 [1] Khomein, ![]() |
Falecemento | 3 de xuño de 1989 (86 anos) Teherán, ![]() |
Partido | Partido da República Islámica |
Cónxuxe/s | Khadijeh Saqafi (1929 – 1989) |
Fillos | Mostafa Zahra Sadiqeh Farideh Ahmad |
Profesión | Líder relixioso e político |
Relixión | Xiísmo |
Na rede
| |
http://www.imam-khomeini.ir/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
Sinatura | ![]() |
TraxectoriaEditar
Líder político e espiritual da Revolución islámica de 1979, que derrocou ó derradeiro xa de Irán Mohammad Reza Pahlavi, e líder supremo do país ata a súa morte. Trala revolución, Khomeini pasou a ser o Líder Supremo do país, un cargo creado na constitución de 1979 que o ascendeu como a maior autoridade política e relixiosa da nación. Ocupou o cargo até a súa morte en 1989. Khomeini foi tamén alfaquí da Xaria (experto na Lei islámica) e autor de máis de 40 libros. Porén, é principalmente coñecido pola súa actividade política.
NotasEditar
- ↑ Iranchamber.com (ed.). "Historia de Irán - Ayatollah Khomeini". Consultado o 11 de febreiro de 2015.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ruhollah Khomeini |
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial do imán Khomeini
- Artigo do New York Times sobre a poesía de Khomeini
- Khomeini en YouTube