A Carta de Cambon é unha carta escrita o 4 de xuño de 1917 por Jules Cambon, director da sección política do Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia, ao diplomático sionista Nahum Sokolow. A carta expresa as simpatías do goberno francés sobre a colonización xudía en Palestina. Considérase como un precursor político esencial da Declaración Balfour.

A carta de Cambon.

Historia

editar

O 11 de marzo de 1916, nun telegrama aos embaixadores ruso e francés, Edward Grey propuxo que os Aliados emitiran unha declaración conxunta apoiando as aspiracións xudías en Palestina. Verete, no seu relato sobre os desenvolvementos que deron lugar a esta proposta, explicou:

"Here is the root and source of the pro-Zionist policy of British governments until the Balfour Declaration"
"Aquí está a raíz e fonte da política pro-sionista dos gobernos británicos ata a Declaración Balfour"
Verete[1]

O historiador Martin Kramer suxire que asegurar a aprobación dos aliados franceses e americanos dos británicos, e do Vaticano, que controlaba moitos dos Lugares Santos na Terra de Israel, era unha condición necesaria para a Declaración Balfour[2]

Tanto o diplomático británico Mark Sykes como o francés François Georges-Picot estaban en Petrogrado nese momento aconsellando aos seus embaixadores sobre a forma de que os rusos aprobasen o segredo acordo Sykes-Picot e os seus termos para a futura disposición de Palestina. Non houbo un grande entusiasmo sobre a proposta por parte dos franceses e os rusos. Brecher deu conta das motivacións e actitude francesas sobre a cuestión durante os anos da guerra.[3]

Houbo poucos desenvolvementos ata o cambio de goberno en Gran Bretaña a pesar da necesidade de acomodarse cos franceses, tratando de manter os termos do acordo Sykes-Picot. Nun memorando datado o 21 de abril de 1917, Lord Cecil, quen foi o delegado de Lord Balfour como Secretario de Exteriores (Foreign Secretary) durante a Misión Balfour a América,[4] escribiu que:

I quite recognise the very great difficult of carrying out the Zionist policy involving as it does a strong preference for a British protectorate over Palestine. That seems to me to make it the more desirable to get France to join us in an expression of sympathy for Jewish Nationalist aspirations.
Recoñezo a gran dificultade de levar a cabo ás políticas sionistas involucrando como o fan unha preferencia para un protectorado británico sobre Palestina. Semella que o máis desexable é que Francia se una a nós nunha expresión de simpatía cara aspiracións nacionais xudías.
Lord Cecil, 21 de abril de 1917.[5]

Organizouse unha viaxe a Francia e Italia para Mark Sykes, quen fora nomeado a comezos dese ano para liderar as negociacións cos sionistas, e o diplomático sionista Nahum Sokolow, durante abril e maio de 1917. Tras reunirse con varios oficiais franceses en abril, visitaron Italia, onde Sokolow logrou apoio verbal de Bieito XV o 4 de maio de 1917.[2][a][b] Ao seu regreso a Francia, Sokolow conseguiu obter o compromiso francés por escrito, a carta de Cambon, aínda que quedou sen publicar nese momento.[2]

Tanto Kramer como Kaufman dan máis información así coma unha análise dos antecedentes e motivacións da carta e da aprobación de Pichon posterior á Declaración Balfour.[2][8]

Contido da carta

editar

O contido da carta é o seguinte:[9]

Paris, le 4 juin 1917

Monsieur,

Vous avez bien voulu m’exposer le projet auquel vous consacrez tous vos efforts et qui a pour objet de développer la colonisation israélite en Palestine. Vous estimez que si les circonstances le permettent et l’indépendance des Lieux Saints étant assurée d’autre part, ce serait faire oeuvre de justice et de réparation que d’aider, par la protection des Puissances alliées, à la renaissance de la nationalité juive, sur cette terre d’où le peuple d’Israël fut chassé il y a tant de siècles.

Le gouvernement français, qui est entré dans cette guerre pour défendre un peuple injustement attaqué, et qui continue la lutte pour assurer la victoire du droit sur la force, ne peut qu’éprouver de la sympathie pour votre cause, dont le triomphe est lié à celui des alliés.

Je suis heureux de vous donner sous ce pli une telle assurance.
París, 4 de xuño de 1917

Señor,

Vostede tivo a ben expoñerme ao que consagra os seus esforzos e que ten por obxecto o desenvolvemento da colonización israelita en Palestina. Vostede considera que se as circunstancias o permiten e a independencia dos Lugares Santos estivera doutro xeito asegurada, iso sería unha obra de xustiza e reparación que axudaría, pola protección das potencias aliadas, ao renacemento da nacionalidade xudía sobre esa terra da que o pobo xudeu foi expulsado hai tantos séculos.

O goberno francés, que entrou nesta guerra para defender un pobo inxustificadamente atacado, e que segue a loita para asegurar o triunfo da lei sobre a forza, non pode senón mostrar simpatía pola vosa causa, cuxo triunfo está vinculado ao dos aliados.

Alédame darlle nesas condicións tal seguridade.
  1. Sokolow escribiu unha descrición do encontro, que se conserva nos Arquivos Centrais Sionistas, pero non existen rexistros no Vaticano.[6]
  2. Friedman atribúe a cita a "CZA, A 18/26, Report, dated 4 May 1917, on an interview with the Pope". A nota inclúe a seguinte conversa:
    "Súa Santidade:Estou seguro de que non veu unicamente cun papel cerimonial senón como representante da idea sionista. Que ten gran significado. Refírese a reconstrución de Xudea polo pobo xudeu –non é iso? Vaia xiro histórico. Hai novecentos anos Roma destruíu o voso país, e agora, querendo reconstruílo, acudides a Roma
    Sokolow: Estou profundamente conmovido por esas memorias históricas, que son moi aptas. Permítame a liberdade de engadir que a Roma destruíu Xudea foi debidamente castigada. Desvaneceuse, mentres que non só os xudeus viven, senón que teñen a vitalidade de reclamar a súa terra.
    Súa Santidade Si, si, é providencial; Deus o quixo."[7]
Referencias
  1. Vereté, Mayir (1970). "The Balfour Declaration and Its Makers". Middle Eastern Studies (Taylor & Francis, Ltd.) 6 (1): 48–76. JSTOR 4282307. doi:10.1080/00263207008700138. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Kramer, Martin (12 de xuño de 2017). "How the Balfour Declaration Became Part of International Law". Mosaic. Consultado o 14 de xuño de 2017. 
  3. Brecher, F.W. (1993). "French Policy toward the Levant". Middle Eastern Studies 29 (4): 641–663. doi:10.1080/00263209308700971. 
  4. Friedman, Isaiah. The Question of Palestine: British-Jewish-Arab Relations, 1914-1918. Transaction Publishers. pp. 150–. ISBN 978-1-4128-3868-9. 
  5. Sanders, Ronald (January 1984). The high walls of Jerusalem: a history of the Balfour Declaration and the birth of the British mandate for Palestine. Holt, Rinehart and Winston. p. 507. ISBN 978-0-03-053971-8. 
  6. Minerbi, Sergio I. (1990). The Vatican and Zionism: Conflict in the Holy Land, 1895-1925. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-505892-5. 
  7. Minerbi, Sergio I. (1990). The Vatican and Zionism: Conflict in the Holy Land, 1895-1925. Oxford University Press. p. 110. ISBN 978-0-19-505892-5. Os arquivos Vaticanos relativos a este período non inclúen ningún documento relativo a estas conversas, e como resultado tan só contamos co testemuño de Sokolow sobre as súas conversas no Vaticano. Estes reportes son necesariamente subxectivos e en máis dunha ocasión, contradín a política adoptada pola Santa Sé. Non sería raro que en ocasións Sokolow escoitara o que quería escoitar 
  8. Kaufman, Edy (2006). "The French pro-Zionist declarations of 1917–1918". Middle Eastern Studies 15 (3): 374–407. doi:10.1080/00263207908700418. 
  9. "1917 - La Carta de Cambon (4 de junio), precursora de la Declaración Balfour" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 3 de decembro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar