Abrir o menú principal

Henry Alfred Kissinger, nado Heinz Alfred Kissinger en Fürth o 27 de maio de 1923, é un diplomático estadounidense que tivo un papel importante na política estranxeira dos EUA entre 1968 e 1976.

Henry Kissinger
Nobel prize medal.svg
Henry Kissinger Shankbone Metropolitan Opera 2009.jpg
Kissinger no 2009.
Nome completoHeinz Alfred Kissinger
Nacemento27 de maio de 1923 (96 anos)
 Fürth, Bavaria, Alemaña Alemaña
NacionalidadeEstadounidense
RelixiónXudaísmo
Alma máterUniversidade Harvard e City College of New York
OcupaciónDiplomático e científico político
CónxuxeAnn Fleischer (1949–1964)
Nancy Maginnes (1974–presente)
PremiosPremio Nobel da Paz, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, Bolsa de estudos Guggenheim, Bavarian Order of Merit, Estrela de Bronze, Knight Commander of the Order of the British Empire, Order of Merit of Baden-Württemberg, Eric-M.-Warburg-Award, Recipient of the Order of Tomáš Garrigue Masaryk, 1st class, Medalla Presidencial da Liberdade, Premio Carlomagno, National Book Award, Wateler Peace Prize, Ewald von Kleist award, Golden Plate Award, Medal of Liberty, Francis Boyer Award, Knight Commander of the Order of St Michael and St George, Grand Cross of the Order of Merit of the Republic of Poland, Grande Cruz do Mérito da República Federal da Alemanha, Persoa de Ano da revista Time e honorary doctor of the Peking University
Henry Kissinger Signature 2.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Henry Kissinger

En 1938, debido ás persecucións anti-semitas na Alemaña nazi, emigra cos seus pais para os EUA, obtendo a cidadanía estadounidense o 19 de xuño de 1943.

Despois de servir na Segunda Guerra Mundial, fixo o seu doutoramento pola Harvard en 1954, converténdose imediatamente en instrutor na mesma universidade. Despois dalgúns anos, obtivo o título de profesor.

Kissinger foi conselleiro para a política estranxeira de tódolos presidentes dos Estados Unidos de Eisenhower a Gerald Ford, sendo o secretario de Estado, conselleiro político e confidente de Richard Nixon.

En 1973 gañou, con Le Duc Tho, o Premio Nobel da Paz, polo seu papel na obtención do acordo de cesamento do fogo na Guerra de Vietnam. Le Duc Tho rexeitou o premio.

Henry Kissinger estivo envolto nunha intensa actividade diplomática con China, Vietnam, a URSS e con África. Algúns dos críticos de Kissinger acúsano de ter cometido crimes de guerra durante a súa longa estadía no goberno, como dar luz verde para a invasión indonesia de Timor (1975), e ós golpes de estado en Chile e Uruguai (1973); ditos críticos son, entre outros, o xornalista Christopher Hitchens (no libro The Trial of Henry Kissinger) e o analista Daniel Ellsberg (no libro Secrets). Malia que esas alegacións non teñen sido probadas nunha corte de xustiza, considérase perigoso para Kissinger entrar en diversos países de Europa e de América do Sur.

ObrasEditar

  • Nuclear Weapons and Foreign Policy (1957)
  • A World Restored (1957)
  • The White House Years (1979)
  • Years of Upheaval (1982)
  • Diplomacy (1994).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Holger Klitzing: The Nemesis of Stability. Henry A. Kissinger's Ambivalent Relationship with Germany. WVT, Trier 2007, ISBN 978-3-88476-942-3.
  • Robert D. Schulzinger: Henry Kissinger. Doctor of diplomacy. Columbia Univ. Pr., New York 1989, ISBN 0-231-06952-9.