Ariel Sharon
Ariel Sharon (hebreo: אריאל שרון, nome de nacemento: Ariel Scheinermann), nado en Kfar Malal o 26 de febreiro de 1928 e finado o 11 de xaneiro de 2014, foi un político israelí.
Ariel Sharon | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | אריאל שיינרמן |
Nacemento | 26 de febreiro de 1928 e 27 de febreiro de 1928 |
Lugar de nacemento | Kfar Malal |
Falecemento | 11 de xaneiro de 2014 |
Lugar de falecemento | Ramat Gan |
Causa | hemorraxia cerebral |
Soterrado | Giv'at ha-Kalaniyot |
Nacionalidade | Israel e Mandato británico de Palestina |
Relixión | xudaísmo |
Alma máter | Universidade Hebrea de Xerusalén e Universidade de Tel Aviv |
Ocupación | político e oficial |
Cónxuxe | Lily Sharon e Margalit Sharon |
Fillos | Omri Sharon e Gilad Sharon |
Premios | doutor honoris causa pola Universidade Bar-Ilan |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria Editar
Foi membro da Haganah. En marzo de 2001 foi elixido primeiro ministro do seu país. Sharon foi un dos líderes históricos do Likud; o 21 de novembro de 2005 deixou este partido e fundou o Kadima. Foi acusado de ser o responsable dos masacres de Sabra e Shatila, no Líbano.
O 4 de xaneiro de 2006 sufriu unha hemorraxia cerebral e foi declarado incapacitado temporalmente para exercer os seus poderes, substituíndoo o seu viceprimeiro ministro, Ehud Olmert, quen definitivamente asumiu o posto o 14 de abril.
Enfermidade e morte Editar
O 18 de decembro de 2005, sufriu unha recaída por un leve infarto cerebral. Dous días despois recuperouse, e aínda que cunha serie de restricións médicas volveu aos seus labores diarios. O 4 de xaneiro de 2006, só días máis tarde da súa primeira recaída, Sharón sufriu unha grave hemorraxia cerebral mentres descansaba na súa residencia no Deserto do Néguev. Atendéuselle por varias semanas no Hospital Hadasa da cidade de Xerusalén. Sharón permanece en coma profundo e en virtual estado vexetativo desde entón.
Meses máis tarde, foi trasladado desde o Hospital Hadasa, a outro centro médico situado na cidade de Tel-Aviv. Tras meses sen novidades sobre a súa saúde, o 23 de xullo de 2006 informouse, desde o Hospital Tel-Hashomer de Tel-Aviv, que o seu estado de saúde empeorara a raíz dunha insuficiencia renal.
Novamente, o 14 de agosto de 2006 volveuse a informar desde o Hospital Tel-Hashomer, que o estado de saúde de Sharón empeorara. Nesta ocasión informouse que Sharón sufría dunha dobre pneumonía, e que a súa vida corría grave perigo.
O 3 de novembro de 2006, volveuse a informar que Sharon recaera novamente. Nesta ocasión, foi por unha infección que atacou ao corazón.Morreu o 11 de xaneiro de 2014 despois de pasar oito anos en coma.[1]
Notas Editar
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |