O Likud (en hebreo: הליכוד‎, transliterado HaLikud, e traducible como "A Consolidación") é un partido de centro dereita israelí. A orixe do Likud está no sionismo revisionista de Vladimir Jabotinsky que deu orixe ao Herut.
O Likud formouse coa coalición de La'am e Gahal para as eleccións de 1973, que se consolidou como unha coalición permanente dirixido por Menachem Begin ata que en 1988 o Likud converteuse nun único partido. En 1998 o Likud sufriu unha escisión, Benny Begin e outros membros da dereita do partido crearon un novo partido, Movemento Nacional Herut.
Nas eleccións para a Knesset o Likud tivo 40 escanos (sobre 120), pero na actualidade só permanecen 25 no partido.
O 21 de novembro de 2005 o Likud sufriu unha escisión ao crear o ata entón líder do partido, Sharon, un novo partido denominado Kadima. O Likud pasou a estar liderado por Benjamin Netanyahu.

Likud
Logo
Tipopartido político e Grupo parlamentario
Ideoloxíaconservadorismo, Nacional-liberalismo, populismo de direita e Sionismo revisionista
Data de fundación13 de setembro de 1973
Presidente/aBenjamin Netanyahu (2005-) Editar o valor em Wikidata
Nº de membros125.000 (2012) Editar o valor em Wikidata
Organización subsidiariaLikud Leumi
SedeMetzudat Ze'ev
PaísIsrael
Na rede
https://www.likud.org.il/, https://www.likud.org.il/en/ e https://www.likud.org.il/ru/
Facebook: LikudNetanyahu Twitter: Likud_Party Telegram: OfficialLikudBot Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Gobernos editar

O Likud tivo catro primeiros ministros de Israel: Menachem Begin (1977), Yitzhak Shamir (1983), Benjamin Netanyahu (1996) e Ariel Sharon (2001)