Vladimir Jabotinsky
Ze'ev Vladimir (Evgenevich) Jabotinsky (en hebreo: זאב ז'בוטינסקי, e en ruso: Влади́мир Евге́ньевич Жаботи́нский), nado en Odesa en 1880 e finado en 1940, foi un escritor e líder sionista, fundador da Lexión Xudía durante a primeira guerra mundial.
Traxectoria
editarNado nunha familia tradicional xudía recibiu unha educación relixiosa e aprendeu a Torah, Tanakh e o hebreo, pero na súa mocidade lígase aos ambientes seculares da cidade, convértese en xornalista traballando de correspondente en Suíza e Italia para a prensa de lingua rusa, ao tempo que estudaba dereito, a súa experiencia como xornalista vaille permitir máis tarde fundar xornais en ruso, yiddish e hebreo.
Sionismo
editarTras o pogrom de Kishinev (1903), Jabotinsky, vencéllase ao movemento sionista, e axiña convértes nun dos seus líderes, ao tempo esfórzase por aprender o hebreo como lingua falada, nos anos seguintes, Jabotinsky organiza unidades de autodefensa nas comunidades xudías de Rusia para responder aos numerosos progromos que se sucedían.
Primeira guerra mundial
editarDurante a Primeira guerra mundial, concIbiu a organizar unha unidade xudía que loitase contra os otománs, que entón controlaban Palestina, xunto con Joseph Trumpeldor creou o Zion Mule Corps, que consistía nuns centos de homes xudeus, na maioría rusos, que foran expulsados de Palestina polos turcos e establecéranse en Exipto. A unidade serviu con éxito na batalla de Gallipoli, pero a unidade logo se desfixo, Jabotinsky viaxou a Londres para convencer aos británicos, pero non foi ata 1917, cando o goberno británico deu permiso para organizar tres unidades xudías, o propio Jabotinsky loitou no val do río Xordán en 1918 e foi condecorado polo seu valor.
Revisionismo
editarLogo da guerra, Jabotinsky saíu elixido na primeira asemblea lexistaltiva de Palestina, e en 1921 entrou a formar parte do consello executivo da Organización Mundial Sionista, pero marchou da organización en 1923 debido ás diverxencias co presidente, Chaim Weizmann. Estableceu unha nova organización, Alianza de Revisionistas-Sionistas e a súa mocidade, Betar. A súa organización demandaba que o movemento sionista recoñecera como o seu obxectivo o establecemento dun estado xudeu na cunca o río Xordán. As bases do seu movemento situábanse en Polonia e a súa actividade centrouse en obter o apoio británico para as Yishuv.
En 1929 Jabotinsky deixou Palestina para acudir ao 16º Congreso Sionista Mundial, pero as autoridades británicas non lle permitiron volver debido ás presións árabes.
Actividade literaria
editarPublicou novelas en hebreo utilizando o sobrenome Altalena. A súa novela histórica Samson Nazorei ( 1927), sitúase en tempos bíblicos describindo unha forma ideal da vida xudía da época, activa e guerreira. En Pyatero (escrita en 1935 e publicada en 1936) é a novela de Odesa e contén descricións poéticas da cidade nos primeiros anos do XX, con nostálxicos retratos das súas rúas e olores, dos seus habitantes e paixóns."[1] A súa obra pasou desapercibida no seu tempo pero a partir do século XXI, a súa valoración medrou con edicións en Rusia e Ucraína e en 2005 traduciuse ao inglés[2]
Notas
editar- ↑ Charles King, Odessa: Genius and Death in a City of Dreams (W. W. Norton & Company, 2011; ISBN 0393080528), p. 156.
- ↑ King, Odessa: Genius and Death in a City of Dreams, p. 156.