O sionismo (en hebreo: צִיּוֹנוּת Tsiyyonut) é un movemento que defende a volta dos xudeus a Palestina (chamada polos xudeus Eretz Israel ou simplemente Haaretz, A Terra). Cando o xornalista vienés Theodor Herzl asistiu en París á degradación do oficial Dreyfus, inxustamente acusado de espionaxe, que fixo un gran rebumbio na sociedade francesa, poñendo a poboación francesa en dous eidos "dreyfusard" e "antidreyfusard" levando consigo tamén na prensa estas dúas posicións algúns artigos francamente antisemitas, no entanto outros defendían a inocencia de Dreyfus[1], Theodor Herzl pensou que o seu pobo nunca se integraría en Europa, o que o levou a fundar en Basilea en 1897 a Organización Sionista Mundial (de Sión, monte de Xerusalén), que recadaba fondos para comprar terreos e favorecer a inmigración xudía a Palestina. A afluencia de inmigrantes foi ben vista inicialmente polos árabes, que xa convivían en paz con xudeus autóctonos pero a medida que a poboación xudía aumentaba e se facía probable a consecución dun estado propio para estes, a opinión da poboación árabe foi cambiando. O desenvolvemento económico propiciou tamén unha migración árabe doutros estados cara a Palestina, mesturándose coa poboación árabe autóctona.

Theodor Herzl, pai do sionismo político.
Bandeira adoptada oficialmente no Segundo Congreso Sionista en 1898, con variacións converteríase na bandeira de Israel.

Tras as presións xudeu-sionistas, o goberno inglés emitiu a Declaración Balfour, na que este se comprometía á creación dun fogar xudeu. O holocausto xudeu durante a segunda guerra mundial foi un dos factores decisivos que levou á decisión da ONU da partición de Palestina nun estado xudeu e outro árabe. A poboación local e os gobernos árabes non aceptaron esa decisión e declaráronlle a guerra en 1948 ó recentemente creado Estado de Israel comezando a Primeira Guerra Árabe-Israelí, dentro do conflito que aínda non se resolveu.

Notas editar

  1. Zola"jáccuse"

Véxase tamén editar

Outros artigos editar