Theodor Herzl
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Biniamin Zeev 'Theodor' Herzl, nado en Budapest o 2 de maio de 1860 e finado o o 3 de xullo de 1904, foi un escritor húngaro e fundador do sionismo.
Theodor Herzl | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | בִּנְיָמִין זְאֵב הֶרְצֵל |
Nacemento | 2 de maio de 1860 |
Peste | |
Falecemento | 3 de xullo de 1904 |
Reichenau an der Rax | |
Causa | pneumonía |
Soterrado | Döbling e Monte Herzl |
Nacionalidade | Hungría e Cisleitania |
Etnia | Jews in Hungary |
Relixión | xudaísmo |
Alma máter | Universidade de Viena |
Ocupación | xornalista, avogado e escritor |
Nai | Jeanette Herzl |
Cónxuxe | Julie Naschauer |
Fillos | Hans Herzl |
Premios | sen etiquetar |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria Editar
Naceu no seo dunha familia xudía sefardí de orixe española. Ó cumprir 18 anos, a súa familia trasládase a Viena, onde se dedica a estudar Dereito, obtendo o doutoramento en 1884.
Traballou como escritor, dramaturgo e xornalista. Chega a París para traballar no Neue Frei Presse como correspondente, e aló segue o caso Dreyfus. En 1896 escribe Der Judenstaat ("O Estado Xudeu"), no que propon que a cuestión xudía era un asunto de política internacional e do dereito Internacional Público e que como tal debía ser asumido.
Promove a creación da OSM (Organización Sionista Mundial) e organiza o Primeiro Congreso Sionista en 1897. En 1902 publica Alteneuland ("A vella nova terra") onde presenta ó futuro Estado Xudeu como unha utopía socialista.
Falece o 3 de xullo de 1904 de pneumonía.