Ehud Olmert

Ehud Olmert (30 de setembro, 1945 en Binyamina), foi o 12º primeiro ministro de Israel, membro do Kadima procedente do Likud

Ehud Olmert
Ehud Olmert (Sao Paulo 2005).jpg
Primeiro Ministro de Israel
Período(interinamente entre o 4 de xaneiro e o 14 de abril de 2006)
14 de abril de 2006 - 31 de marzo de 2009
AntecesorAriel Sharon
SucesorBenjamin Netanyahu
Datos persoais
Nacemento30 de setembro de 1945
 Binyamina
OrganizaciónKadima
PaiMordechai Olmert
CónxuxeAliza Olmert
FillosDana Olmert
Alma máterUniversidade Hebrea de Xerusalén
Profesiónpolítico, graduado en psicoloxía, filosofía e dereito
Relixiónxudaísmo
editar datos en Wikidata ]

Olmert converteuse en primeiro ministro o 14 de abril de 2006 pero viña exercendo este cargo de xeito interino desde o 4 de xaneiro pola enfermidade do primeiro ministro Ariel Sharon. O 30 de xullo do 2008 anunciou que non se presentaría ás eleccións primarias do Kadima, tras un mandato marcado polas acusacións de corrupción e a perda de popularidade pola súa xestión na Guerra do Líbano do 2006. A súa sucesora foi a actual Ministra de Asuntos Exteriores, Tzipi Livni, con quén mantivo agrias disputas nos meses previos á súa retirada por mor do liderado de Kadima.

Anteriormente, Olmert fora Viceprimeiro Ministro, Ministro de Facenda, Ministro de Industria, Comercio e Traballo, Ministro responsable da administración das Terras de Israel e alcalde de Xerusalén.

Primeiro Ministro de Israel

Segue a:
Ariel Sharon
Ehud Olmert
Precede a:
Benjamin Netanyahu
Kadima