Resolución 1701 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
A finalidade da Resolución 1701 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas[1] é poñer fin ao conflito do Líbano e Israel e foi aprobada por unanimidade polos membros do consello o 11 de agosto do 2006. O goberno libanés, que incluía dous membros de Hezbollah, aprobou a resolución ao día seguinte, tamén por unanimidade. O mesmo día, o líder de Hezbollah Hassan Nasrallah, dixo que a súa milicia cumpriría coa demanda dun cesamento do fogo. Tamén afirmou que cando acabase a ofensiva israelí, Hezbollah acabaría cos ataques contra Israel. O 13 de agosto, o gabinete israelí votou 24-0 a prol da resolución, cunha abstención. O cesamento do fogo iniciouse o 14 de agosto do 2006 ás 8 am do horario local, despois dun aumento do número de ofensivas polos dous bandos.
Resolución 1701 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas | |
---|---|
Asunto | A situación en Oriente Medio. |
data | 11 de agosto de 2006 |
Sesión núm. | 5511 |
Código | S/RES/1701 Documento oficial[i] |
Votación | A favor: 15 En contra: 0 Abstención: 0 Ausentes: |
Resultado | Adoptada por unanimidade |
Membros do Consello en 2006 | |
Permanentes | |
CHN FRA RUS UK USA | |
Non permanentes | |
ARG CGO DEN GHA GRE JPN PER QAT SVK TAN | |
← 1700 — 1702 → |
Notas
editar- ↑ Resolución 1701 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas Consultado o 22 de marzo do 2017.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|