Lester Bowles Pearson
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Lester Bowles "Mike" Pearson, nado en Newtonbrook (Ontario) o 23 de abril de 1897 e finado en Otava o 27 de decembro de 1972, foi o décimo cuarto primeiro ministro do Canadá, tendo gobernado o país entre o 22 de abril de 1963 e o 20 de abril de 1968, ademais ganador do Premio Nobel da Paz en 1957.
Lester Bowles Pearson | |
---|---|
![]() | |
Lester Bowles Pearson | |
Primeiro ministro do Canadá | |
Período | 22 de abril de 1963 - 20 de abril de 1968 |
Antecesor | John Diefenbaker |
Sucesor | Pierre Trudeau |
Datos persoais | |
Nacemento | 23 de abril de 1897 |
Newtonbrook, Toronto | |
Falecemento | 27 de decembro de 1972 |
Otava, Ontario, Canadá | |
Organización | Partido Liberal do Canadá |
Cónxuxe | Maryon Pearson |
Fillos | Geoffrey Pearson |
Alma máter | Universidade de Toronto, St John's College e Peterborough Collegiate |
Profesión | Diplomático e político |
Relixión | Protestantismo |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria editar
Pearson naceu en Newtoonbrook, que actualmente é parte da cidade de Toronto. Estudou na Universidade de Toronto, e, posteriomente, na Universidade de Oxford, Inglaterra. Loitou en ambas guerras mundiais. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1957, polos seus esforzos en resolver pacificamente a Crise de Suez, en 1956.
Elixido líder do Partido Liberal do Canadá en 1958 e primeiro ministro do Canadá nas eleccións nacionais de 1963, Pearson introduciu importantes reformas sociais como a saúde pública, o Canada Pension Plan (pensións) e o Canada Student Loans (préstamos a estudantes universitarios). Pearson tamén introduciu a nova bandeira do Canadá, a Maple Leaf Flag.
Retirouse da vida política en 1968, e morreu de cancro o 27 de decembro de 1972, en Otava. O aeroporto máis importante do país, o Internacional de Toronto, foi renomeado por Pierre Elliott Trudeau en 1984 como Aeroporto Internacional Lester B. Pearson. En 2004, Lester Bowles Pearson foi elixido como o 6º maior canadense, nunha enquisa popular na escolla do maior canadense existente.
Primeiro ministro do Canadá | ||
---|---|---|
Segue a: John Diefenbaker |
Lester Bowles Pearson | Precede a: Pierre Trudeau |
Partido Liberal do Canadá |