Gerhard Herzberg nado en Hamburgo (Alemaña) o 25 de decembro de 1904 e finado en Otava (Canadá) o 3 de marzo de 1999 foi un físico, químico e profesor universitario canadense, de orixe alemá, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1971.[1]

Gerhard Herzberg
Gerhard Herzberg, Londres 1952
Datos persoais
Nacemento25 de decembro de 1904
LugarHamburgo Alemaña Alemaña
Falecemento3 de marzo de 1999 (94 anos)
LugarOtava Canadá
Residencia Canadá
Nacionalidadealemán
Cónxuxe
  • Luise Herzberg (nada Oettinger)) (1929)
  • Actividade
    Campo
  • Fisicoquímica
  • Alma máter
  • Instituto Tecnolóxico de Darmstadt
  • Director de tese
  • James Franck
  • Max Born
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • polos seus traballos sobre a estrutura electrónica e a xeometría das moléculas, en especial dos radicais libres.
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1967)
  • editar datos en Wikidata ]

    Traxectoria Editar

    Estudou física e química no Instituto Tecnolóxico de Darmstadt, onde se licenciou en 1928 en fisicoquímica. En 1930 realizou o seu doutoramento na Universidade de Göttingen, baixo a supervisión de James Franck e Max Born, e na Universidade de Bristol, baixo a supervisión de John Lennard-Jones.

    En 1930 foi nomeado profesor asistente de física no Instituto Tecnolóxico de Darmstadt, cargo que tivo que abandonar en 1935 ante as presións do réxime nazi alemán. Aquel mesmo ano aceptou o cargo de profesor visitante na Universidade de Saskatchewan no Canadá, país onde estableceu a súa residencia. Entre 1945 e 1948 foi profesor na Universidade de Chicago.

    Investigacións científicas Editar

    Interesado na investigación da espectroscopia molecular, durante a súa estancia no Canadá determinou a estrutura molecular das moléculas diatómicas e poliatómicas, incluíndo hidróxeno triatómico, H3, o hidróxeno molecular protonado, H3+ , e os radicais libres. Tamén realizou estudos sobre a análise química de obxectos astronómicos como as nubes moleculares.[1]

    En 1971 foi galardoado co Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a estrutura electrónica e a xeometría das moléculas, en especial dos radicais libres.[2] Ese mesmo ano tamén recibiu a Medalla Royal da Royal Society de Londres.

    Recoñecementos Editar

     
    Placa conmemorativa no College Building (Saskatchewan).

    Na súa honra bautizouse ao asteroide (3316) Herzberg descuberto o 6 de febreiro de 1984 polo astrónomo Edward Bowell.

    Notas Editar

    1. 1,0 1,1 Stoicheff, B. P. (2003). "Gerhard Herzberg PC CC. 25 December 1904 - 3 March 1999". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 49: 179. [doi:10.1098/rsbm.2003.0011. http://rsbm.royalsocietypublishing.org/content/49/179]
    2. "The Nobel Prize in Chemistry 1971". Nobel Media. Consultado o 2010-12-31. 

    Véxase tamén Editar

    Ligazóns externas Editar

    Predecesor:
    Luis Federico Leloir
    Premio Nobel de Química
     

    1971
    Sucesor:
    Christian B. Anfinsen,
    Stanford Moore
    e
    William Howard Stein