François Georges-Picot
François Georges-Picot, nado en París o 21 de decembro de 1870 e finado na mesma cidade o 20 de xuño de 1951, foi un diplomático e avogado francés quen negociou o Acordo Sykes-Picot co avogado británico, Mark Sykes entre novembro de 1915 e marzo de 1916. O acordo foi un tratado segredo que propuxo que, cando se iniciase a partición do Imperio Otomán despois da teórica vitoria por parte da Tripla Entente, o Reino Unido, Francia e, máis tarde, Rusia e Italia, dividiríanse entre si os territorios árabes baixo influencia otomá.
(1918) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1870 París, Francia |
Morte | 20 de xuño de 1951 (80 anos) París, Francia |
Mayor of 18th arrondissement of Paris (en) | |
1940 – 1941 | |
Ambassador of France to Argentina (en) | |
1927 – 1928 | |
Ambassador of France to Bulgaria (en) | |
1920 – 1925 | |
High commissioner (en) Palestina, Siria | |
1917 – 1919 | |
Consul General of France in Beirut (en) | |
1914 – 1914 | |
Actividade | |
Campo de traballo | Diplomacia |
Ocupación | diplomático, xurista |
Membro de | |
Familia | |
Familia | Georges-Picot (en) |
Pais | Georges Picot e Marthe Bachasson de Montalivet |
Irmáns | Charles Georges-Picot |
Premios | |
Traxectoria
editarPicot graduouse en Dereito e converteuse en avogado do Tribunal de apelación de París en 1893. Converteuse en diplomático en 1895 e agregouse á Directiva de Política en 1896. Converteuse en secretario do embaixador en Copenhaguen e en Pequín antes de ser nomeado Cónsul-Xeral de Francia en Beirut[1] un pouco antes do comezo da primeira guerra mundial.
No Cairo, mantivo boas relacións cos maronitas do Líbano. No verán de 1915 o Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia o mandou de volta a París. Como membro do Partido Colonial francés avogou en favor do grupo que apoiaba un Mandato francés de Siria durante as negociacións do Acordo Sykes-Picot e unha «Siria integral», desde Alexandreta (na Turquía actual) ao Sinaí e desde Mosul ata a costa mediterránea.[2]
Foi nomeado alto comisionado en Palestina e Siria entre 1917 e 1919, ministro plenipotenciario en 1919, alto comisionado de Bulgaria en 1920 e embaixador na Arxentina.
Familia
editarFoi fillo do historiador Georges Picot e tío-avó do presidente francés Valéry Giscard d'Estaing. Casou con Marie Fouquet en París o 11 de maio de 1897 e tiveron tres fillos: Jean Georges-Picot, Élisabeth Georges-Picot (1901 - 1906) e Sibylle Georges-Picot. A súa neta Olga Georges-Picot actuou na película Chacal.[3]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: François Georges-Picot |
Bibliografía
editar- Vincent Cloarec, Henry Laurens Le Moyen-Orient au 20e siècle, París: Armand Colin (2003) pages 218-219 ISBN 2-200-26614-6