Jules Cambon

diplomático francés

Jules-Martin Cambon, nado en París o 5 de abril de 1845 e finado en Vevey (Suíza) o 19 de setembro de 1935, foi un diplomático francés e irmán de Paul Cambon. Como embaixador ante Alemaña entre 1907 e 1914, traballou para lograr a amizade entre ambos países. Os seus intentos quedaron frustrados por líderes franceses como Raymond Poincaré, que decidiron que Berlín trataba de debilitar a Tripla Entente de Francia, Rusia e Gran Bretaña e que non eran sinceros na súa busca da paz. O consenso francés era que a guerra era inevitable.[1][2]

Modelo:BiografíaJules Cambon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de abril de 1845 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte19 de setembro de 1935 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Vevey, Suíza Editar o valor en Wikidata
Presidente Cercle de l'Union interalliée (en) Traducir
1929 – 1935
← Ferdinand FochGaston Doumergue →
Cadeira 40 da Academia Francesa (pt) Traducir
16 de maio de 1918 – 19 de setembro de 1935
← Francis Charmes (pt) TraducirLucien Lacaze (pt) Traducir →
Permanent secretary of the French Foreign Affairs Ministry (en) Traducir
1915 – 1920 – Maurice Paléologue (pt) Traducir →
Ambassador of France to Germany (en) Traducir
1907 – 1914
Embaixador de França em Espanha (pt) Traducir
1902 – 1907
Embaixador de Francia nos Estados Unidos
1897 – 1902
← Jules Patenôtre (pt) TraducirJean Jules Jusserand (pt) Traducir →
Governor of Algeria (en) Traducir
18 de abril de 1891 – 1 de outubro de 1897
← Louis Tirman (pt) TraducirLouis Lépine (pt) Traducir →
Prefect of Rhône (en) Traducir
1886 – 1891
Prefect of Nord (en) Traducir
1882 – 1887
Prefect of Constantine (en) Traducir
13 de xuño de 1878 – 19 de febreiro de 1879 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónLiceo Louis-le-Grand Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDiplomacia Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndiplomático, avogado, banqueiro, oficial Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Arquivos en
Familia
IrmánsPaul Cambon Editar o valor en Wikidata
ParentesGeneviève Tabouis, sobriña política
Robert Tabouis, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Obálky knih,
1922 Encyclopædia Britannica (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Jules Cambon asinando o Tratado de París de 1898.

Comezou a súa carreira como avogado (1866), serviu na guerra franco-prusiana e integrouse no servizo civil en 1871. Foi prefecto do departamento de Norte (1882) e do Ródano (1887-1891), e en 1891 foi designado Gobernador Xeral de Alxeria, onde servira xa en postos de menor relevancia en 1874.[3]

Foi nomeado embaixador de Francia en Washington D. C. en 1897, e nesa condición traballou na preparación dos documentos preliminares para o acordo de paz entre España e Estados Unidos trala guerra hispano-estadounidense de 1898. Foi un dos que contribuíron á firma do Tratado de París de 1898. O seu traballo nas negociacións permitiu fortalecer as relacións políticas entre España e Francia.[4]

En 1902 foi nomeado embaixador en Madrid, e en 1907 en Berlín, onde permaneceu ata o inicio da primeira guerra mundial en 1914. Durante o conflito foi xefe da sección política do Ministerio de Asuntos Exteriores francés. Foi membro da Academia Francesa. O seu irmán, Paul, foi tamén un notable diplomático.

  1. John Keiger, "Jules Cambon and Franco-German Détente, 1907–1914." Historical Journal 26.3 (1983): 641-659.
  2. John Keiger, France and the Origins of the First World War (1985) pp 68-81.
  3. Tabouis, 1938
  4. Offner, 1983.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Cambon, Jules (1903). France and the United States: Essays and Addresses. 
  • Keiger, John (1983). ""Jules Cambon and Franco-German Détente, 1907–1914."". Historical Journal 26.3: 641–659. 
  • Offner, John (1983). ""The United States and France: Ending the Spanish–American War."". Diplomatic History 7.1: 1–22. 
  • Tabouis, Genevieve R. (1938). The Life of Jules Cambon. 

Outros artigos

editar