Accidente de Cans
accidente de autobús
O accidente de Cans foi un accidente de autobús que tivo lugar en 1955 na aldea de Cans, e no que faleceron 31 persoas.[1]
Accidente de Cans | |
---|---|
Tipo | accidente de autobús ![]() |
Data | |
Data | 26 de febreiro de 1955 ![]() |
No implicados | |
No mortes | 31 ![]() |
Localización | |
Coordenadas | 42°09′44″N 8°35′46″O / 42.162222, -8.596111 |
Situado en | Cans ![]() |
País | España ![]() |
[ Wikidata ] |
Datos
editarO accidente sucedeu na mañá do 26 de febreiro de 1955, cando un coche de liña que facía o percorrido entre O Porriño e Ponteareas se saíu da estrada ao seu paso por Cans. O vehículo envorcou e incendiouse. Unha boa parte dos cadáveres foron carbonizados.
Consecuencias
editarFaleceron 31 persoas. Once máis, incluído o condutor, foron feridas, e unicamente dúas persoas resultaron ilesas. Non se realizaron investigacións sobre as causas. O condutor, que era natural de Redondela emigrou posteriormente ao Brasil[2].
No lugar do accidente erixiuse un monumento de lembranza financiado por un grupo de emigrantes en Buenos Aires.[3]
Notas
editar- ↑ "Treinta y una personas muertas al volcar e incendiarse un autobús de línea, cerca de Porriño (Pontevedra)". ABC (en castelán). 27-2-1955. Consultado o 21-5-2016.
- ↑ Alfonso Pato (4 de agosto de 2013). "Cuando Cans fue Angrois". El País.
- ↑ Marcos Pérez Pena (21 de marzo de 2025). "Cans lembra cun documental colectivo os 31 mortos no accidente de autobús que conmocionou a aldea en 1955". Praza.gal.