Cuauhtémoc (en náhuatl: Cuāuhtēmoc; ‘a aguia pousouse’ ‘cuāuhtli 'aguia'; tēmoc, 'descendeu, pousouse'), nado en 1496 e finado en 1525, coñecido polos conquistadores españois como Guatemuz[1] foi o derradeiro tlatoani mexica de México-Tenochtitlán. Asumiu o poder en 1520, un ano antes da toma de Tenochtitlán por Hernán Cortés e as súas tropas.

Cuauhtémoc

11° Hueyi tlatoani
Busto de Cuauhtémoc na Praza da Constitución, na Cidade de México.

Reinado25 de xaneiro de 1521 - 1525
Coroación1521
Nacemento14 de xullo de 1496
Tenochtitlán, Imperio Azteca
Falecemento28 de febreiro de 1525
Hibueras
PredecesorCuitláhuac
SucesorJuan Velázquez Tlacotzin (fin do Imperio Azteca, tlatoani nomeado por españois)
ProxenitoresAhuízotl
Izelcoatzin

Na rede
Find a Grave: 9909 Editar o valor em Wikidata

O nome Cuāuhtémōc que significa literalmente 'aguia que descendeu (pousouse)' (náhuatl cuāuh(-tli) 'aguia', temō- 'descender', -c PASADO). A forma honorífica de Cuāuhtémōc é Cuāuhtémōctzīn (o sufijo -tzīn úsase para designar unha dignidade similar a "son" ou "señor" en galego).

Cuāuhtémōc, fillo de Ahuizotl e curmán de Moctezuma Xocoyotzin e, Tecuichpo (náhuatl, 'copo de algodón') ó chegar esta á nubilidade. Cando asumiu o poder, os conquistadores xa foran expulsados de Tenochtitlán, pero a cidade estaba devastada pola fame, a varíola e a falta de auga potable. Cuauhtémoc chegaba a este momento tras ser tlacatlecutli (xefe de armas) da resistencia ós conquistadores, dado que dende a morte de Moctezuma previo á Noite Triste, é identificado como líder militar dos mexicas.

Notas editar

  1. Bernal del Castillo "Historia Verdadera de la Conquista de la Nueva España"

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Andrews, J. Richard, Introduction to Classical Nahuatl Norman: University of Oklahoma Press 2003.
  • Gillingham, Paul. Cuauhtémoc's Bones: Forging National Identity in Modern Mexico. Albuquerque: University of New Mexico Press.
  • Johnson, Lyman L. "Digging Up Cuauhtémoc" in Death, Dismemberment, and Memory: Body Politics in Latin America, Lyman L. Johnson, ed. Albuquerque: University of New Mexico Press 2004, pp. 207–244.
  • Restall, Matthew, Seven Myths of the Spanish Conquest. Oxford e Nova York: Oxford University Press 2004.