Moctezuma Xocoyotzin, nado c. 1466 e finado en Tenochtitlán o 29 de xuño de 1520, cuxo nome inclúe as variantes de escrita Motecuhzomatzin, Montezuma, Moteuczoma, Motecuhzoma, Motēuczōmah, Muteczuma, e coñecido retrospectivamente polas fontes europeas como Moctezuma II, foi o noveno tlatoani de Tenochtitlán e o sexto Huey Tlatoani ou emperador do Imperio Azteca, que reinou dende o ano 1502 ou 1503 até o 1520. O primeiro contacto entre as civilizacións indíxenas de Mesoamérica e os europeos produciuse durante o seu reinado, e foi asasinado polos españois durante as fases iniciais da conquista española do Imperio Azteca, cando o conquistador Hernán Cortés e os seus homes loitaron para tomar a capital azteca, Tenochtitlán. Durante o seu reinado, o Imperio Azteca acadou a súa máxima expansión. A través da guerra, Moctezuma expandiu o territorio polo sur ata Xoconosco en Chiapas e o istmo de Tehuantepec, e incorporou aos pobos zapoteca e yopi dentro do seu imperio.[1] Cambiou o sistema previo e meritocrático da xerarquía social e ampliou a división entre os pipiltin (nobres) e os macehualtin (xente do común) prohibindo á xente común traballar nos palacios reais.[1]

Modelo:BiografíaMoctezuma II

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1466 Editar o valor en Wikidata
Tenochtitlán Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xuño de 1520 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Tenochtitlán Editar o valor en Wikidata
Huey Tlatoani
14 de abril de 1502 – 1520 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión azteca e mitoloxía azteca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTeotlalco
Tlapalizquixochtzin Editar o valor en Wikidata
FillosXipaguazin Moctezuma
 ()
Tlaltecatzin
 ()
Chimalpopoca
 ()
Isabel Moctezuma
 () Teotlalco
Pedro Moctezuma
 () Editar o valor en Wikidata
PaisAxayácatl Editar o valor en Wikidata  e Axcatlxochitl-Xochiquetzal Editar o valor en Wikidata
IrmánsCuitláhuac
Tezozomoctli Acolnahuacatl
Xocotzin Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1034475 WikiTree: Moctezuma_II-2

Malia que o goberno de Moctezuma II foi sucedido por outros dous líderes aztecas logo da súa morte, os seus reinados foron moi breves e o imperio colapsou rapidamente con eles. As representacións históricas de Moctezuma caracterizáronse por amosar o seu papel como gobernante dunha nación derrotada, e moitas fontes describírono como débil, supersticioso e indeciso.[2] A súa historia segue sendo unha das narrativas de conquista máis coñecidas da historia do contacto europeo cos nativos americanos, e foi mencionada ou retratada en numerosas obras de ficción histórica e cultura popular.

 
Representación moderna dun toucado de plumas azteca atribuído a Moctezuma II. Exposto no Museo Nacional de Antropoloxía e Historia da Cidade de México. O orixinal atópase no Museo de Etnoloxía de Viena.
 
Moctezuma

A pronunciación do seu nome en lingua náhuatl é [motekʷˈsoːma]. É unha palabra composta dun substantivo, tecuhtli, que quere dicir "señor" e un verbo, que quere dicir "engurrar o ceño con rabia", e por iso o seu nome interprétase como "é quen engurra o ceño como un señor"[3] ou "aquel que se anoxa á maneira dos nobres."[4] O seu nome en glifo, que se amosa na esquina superior esquerda da imaxe do Codex Mendoza, componse dun diadema (xiuhuitzolli) sobre o cabelo liso cunha dilatación de orellas, un nasal separado e un rolo que denota a fala.[5]

Número real

editar

Os aztecas non usaban números reais; foron dados retroactivamente polos historiadores para distinguilo máis facilmente do primeiro Moctezuma, referido como Moctezuma I.[2] As crónicas aztecas chámano Motecuhzoma Xocoyotzin, mentres que Moctezuma I era coñecido como Motecuhzoma Ilhuicamina ou Huehuemotecuhzoma ("Vello Moctezuma"). Xocoyotzin ([ʃokoˈjotsin]) quere dicir "o mozo honrado" (a partir de "xocoyotl" [fillo máis novo] + sufixo "-tzin" engadido a substantivos ou nomes persoais cando se fala deles con deferencia).

Coroación

editar
 
Pedra dos Cinco Soles, unha pedra con inscricións en escrita azteca representando a data do 15 de xullo de 1503 no calendario azteca. Algúns historiadores cren que esta é a data na que Moctezuma foi coroado.

O ano no que Moctezuma foi coroado é incerto. A maioría dos historiadores suxiren que o ano máis probable é 1502, aínda que outros postúlanse a prol do ano 1503. Unha obra conservada no Art Institute of Chicago coñecida como a Pedra dos Cinco Soles é unha inscrición escrita en pedra que representa os Cinco Soles e unha data no calendario azteca, 1 crocodilo 11 cana, que é o equivalente ao 15 de xullo de 1503 no calendario gregoriano. Algúns historiadores cren que esta é a data exacta na que tivo lugar a coroación.[6] Porén, a maioría dos documentos din que a coroación de Moctezuma ocorreu no ano 1502 e, polo tanto, a maioría dos historiadores cren que esta foi a data real.[7]

Antecedentes

editar

Moctezuma II, herdeiro de Aoitzotl, era o gobernante da cidade de Tenochtitlán. A súa personalidade era máis a dun literato (en nahaitl, tlatimine) cá dun guerreiro. Era un sacerdote e xefe da Calmecac, a escola das clases superiores.

 
Palacio de Moctezuma

En 1502, despois de asumir o poder, el destituíu a maioría das autoridades e substituíunas por exalumnos seus. Para se distanciar das persoas comúns creou un elaborado ritual, que intriga os estudosos. Creou un templo especial, dedicado aos deuses das cidades conquistadas, no interior do templo de Hoitcilopochtli. Durante o seu reinado aumentou o poder da cidade de Tenochtitlán para, posteriormente, dominar as cidades irmás de Texcoco e Tlatelolco.

Contacto cos españois

editar

Di unha lenda que xurdiron oito sinais, nos dez anos anteriores á chegada dos conquistadores españois, que indicabanque o imperio azteca entraría en colapso:

  1. Un cometa apareceu no ceo durante o día.
  2. Unha columna de lume (posibelmente o cometa) apareceu no ceo nocturno.
  3. O templo de Hoitcilopochtli foi destruído polo lume.
  4. Un raio atinxiu o templo de Tzonmolco.
  5. Tenochtitlan sufriu unha inundación.
  6. Víronse estrañas persoas con varias cabezas e un só corpo camiñando na cidade.
  7. Viuse unha muller laiándose dos aztecas.
  8. Capturouse un estraño paxaro e, cando Moctezuma mirou os seus ollos, que funcionaban como espellos, viu estraños homes chegando á costa.

Na primavera de 1519, recibiu as primeiras noticias de estraños chegando á costa do seu imperio. Moctezuma enviou un embaixador con dúas roupas, unha do deus Tlaloc e outra do deus Quetzalcoatl. Cada un destes deuses aztecas tiña os seus atributos: Tlaloc tiña unha máscara que facía parecer que usase lentes; xa Quezalcoatl tiña unha máscara cunha barba. O embaixador azteca, ao ver o español Hernán Cortés, pensou que o conquistador tiña os atributos de Quezalcoatl e vestiuno como o deus. En seguida, informou a Moctezuma ao respecto. Cortés decidiu marchar ata Tenochtitlán. Moctezuma tentou evitar a súa aproximación mandando máis presentes; porén a miraxe do ouro era irresistíbel para os españois. Moctezuma tamén enviou meigos, sacerdotes e mesmo un dos seus embaixadores, Tcihuacpopoca, que finxiu ser o emperador. Moctezuma enviou aínda máis presentes cando Cortés se aproximou de Tenochtitlán.

O 8 de novembro de 1519, Moctezuma encontrouse con Hernán Cortés, a quen consideraba ser o deus Quetzalcoatl. Cando Cortés chegou en Tenochtitlán, Moctezuma regaloulle flores do seu propio xardín, que era a máis alta honra que podería ofrecer. Cortés ordenoulle que suspendese todos os sacrificios humanos: Moctezuma concordou; o sangue do templo foi lavado e as imaxes dos deuses aztecas foron substituídas por iconas do cristianismo. Moctezuma mesmo concordou en ser bautizado e declarouse un súbdito do rei Carlos I de España. Moctezuma recebiu a Cortés no palacio de Axayacatl con todos os seus homes e 3.000 indíxenas aliados.

Xusta indignación

editar

Relátase que despois de se someter aos españois, Montezuma estudaba coidadosamente a relixión cristiá posibelmente co fin de incluír a súa figura maior, Cristo, no panteón de deuses que adoraba.

Ao ser informado sobre a cerimonia da eucaristía explotou indignado diante de Cortés :

Mais quen es ti, vil criatura humana coma min, que te permites comer a carne de Deus e beber o seu sangue ?!

Pódese comprender a indignación do emperador xa que, ao contrario dos cristiáns, os aztecas ofrecían o seu sangue e o seu corazón aos seus deuses, tomando Cortés como un monstro que se permitía devorar o seu deus.

Aínda que houbese moita boa vontade por parte de Montezuma para aceptar a relixión que se lle impuña, había unha enorme dificultade para a comprender, aínda que, como home moi relixioso, desexaba sinceramente convencerse. Noutra ocasión, cóntase, tería verbalizado a seguinte confusión :

Se os homes da súa tribo sacrificaron a Cristo para o seu deus, por que o adoran, vítima sacrificial, e non ao propio deus?

Despois da morte de Moctezuma

editar

Os sacerdotes de Montezuma previron a chegada de Cortés, en 1519, como a volta do lendario deus-rei Quetzalcóatl, vido do leste. Isto causou unha certa dúbida e indecisión pola súa parte, explorada por Cortés, que o fixo refén e forzouno a negociar co seu pobo. Debido á a súa proposta de instituír o pagamento de tributos a España, foi deposto en 1521 e atacado polos españois. Foi ferido e morreu tres días despois. Foi sucedido por Cuauhtemoc.

Coitláhuac morreu pouco tempo despois de varíola e foi substituído por un adolecente, Cuauhtémoc. No ano seguinte, o imperio azteca xa sucumbira totalmente ao control español. Durante o período da conquista, a filla de Moctezuma, Techichpotcin, resultou a herdeira da riqueza do rei e recibiu o nome cristán de "Isabel". Posteriormente casou con varios españois.

  1. 1,0 1,1 Hassig, Ross (1988). Aztec warfare: imperial expansion and political control. Civilization of the American Indian series, no. 188 (Norman: University of Oklahoma Press). p. 231. ISBN 0-8061-2121-1. OCLC 17106411. 
  2. 2,0 2,1 Williamson, Edwin (1992). The Penguin history of Latin America. Nova York: Penguin Books. p. 18. ISBN 0-14-012559-0. OCLC 29998568. 
  3. Andrews, J. Richard (2003) [1975]. Introduction to Classical Nahuatl. Revised Edition. Norman: University of Oklahoma Press. p. 599. 
  4. Brinton, Daniel G. (1890). Ancient Nahuatl Poetry. 
  5. British Museum Exhibition Guide for Moctezuma: Aztec Ruler (2009)
  6. "Coronation Stone of Motecuhzoma II". Art Institute of Chicago. Arquivado dende o orixinal o 7 de decembro de 2020. Consultado o 29 de decembro de 2020. 
  7. "Moctezuma II Xocoyotl". Real Academia de la Historia (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar