Paco Martínez Soria

actor español

Francisco Martínez Soria, nado en Tarazona o 18 de decembro de 1902 e finado o 26 de febreiro de 1982, foi un actor e empresario teatral e cinematográfico español.

Paco Martínez Soria
Zaragoza - Paco Martínez Soria.jpg
Nome completoFrancisco Martínez Soria
Alcumepaquitirrin
Nacemento18 de decembro de 1902
Lugar de nacementoTarazona, España
Falecemento26 de febreiro de 1982 (79 anos)
Lugar de falecementoMadrid, España
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoCabrera de Mar
NacionalidadeEspaña Español
OcupaciónActor e empresario teatral
CónxuxeConsuelo Ramos Sánchez (1929-1982)
FillosFrancesc Martínez-Soria Ramos
PremiosMedalla de Prata ó Mérito no Traballo e Premio Nacional de Teatro
Na rede
http://www.donpacomartinezsoria.com
IMDB: nm0554928 Allocine: 243750 Allmovie: p66942
Find a Grave: 7758519 Editar o valor em Wikidata


Páxina web: donpacomartinezsoria.com
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Sendo moi novo a súa familia trasladouse a Barcelona onde comeza os seus estudos, e tras eles, o seu traballo como dependente e, máis tarde, como comercial. Durante esta época compatibilizou o seu traballo con actuacións en grupos de afeccionados do barrio de Gràcia.

Durante a guerra civil española deixou o seu traballo, centrándose no teatro como actor profesional. En 1938 debuta no Teatro Fontalba coa compañía de Rafael López Somoza coa obra Antonio pasó el infierno. Dous anos máis tarde fundou a súa propia compañía coa cal traballa durante os anos corenta dende o Teatro Urquinaona e na década dos anos 1950 dende o Talía, ambos os dous en Barcelona.

En 1934 colaborou como extra na comedia en branco e negro Sereno... y tormenta do director Ignacio F. Iquino, co que colaborarou como actor noutras once películas. O seu primeiro papel como actor principal foi en 1938 coa mediametraxe cómica Paquete, el fotógrafo público número uno. Continúa participando como actor secundario en moitas películas ata 1944, en que retorna por completo ao teatro como actor e empresario.

O seu nome comezou a ser coñecido cando entre os anos 1942 e 1944 é nomeado director e primeiro actor da compañía titular do Teatro de la Zarzuela.

Volveu ao cine nos cincuenta, aínda que foi en 1965 cando, dirixido por Pedro Lazaga, conseguiu o éxito coa película La ciudad no es para mí. Dende este momento a súa personaxe de "cateto" entrañable non deixará de aparecer en pantalla ata a súa morte.

FilmografíaEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar