Juan Emilio Bosch Gaviño, nado en La Vega o 30 de xuño de 1909 e finado en Santo Domingo o 1 de novembro de 2001, foi un contista, ensaísta, novelista, narrador, historiador, educador e político dominicano. Bosch foi elixido presidente da República Dominicana en 1962, cargo que asumiu por un breve período en 1963. O seu efémero goberno foi derrocado case sete meses despois de asumir a presidencia. Porén, a día de hoxe, é lembrado como un político honesto[1][2][3] e está considerado como un dos escritores máis preclaros de Latinoamérica, en especial no xénero do conto.[4]

Infotaula de personaJuan Bosch

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1909 Editar o valor em Wikidata
La Vega, República Dominicana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de novembro de 2001 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Salcedo, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteRespiratory distress (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMonseñor Nouel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
43º Presidente da República Dominicana
27 de febreiro de 1963 – 25 de setembro de 1963
← Rafael Bonnelly (pt) TraducirDominican Provisional Government Junta (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Dominicana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , historiador , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Revolucionário Dominicano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 5971803 Editar o valor em Wikidata

Foi un líder da oposición dominicana no exilio contra o réxime de Rafael Leónidas Trujillo durante máis de 26 anos. Ademais, foi o fundador de dous dos principais partidos políticos dominicanos: o Partido Revolucionario Dominicano (PRD) en 1939 e o Partido da Liberación Dominicana (PLD) en 1973.[5]

Traxectoria editar

Juan Bosch naceu na cidade de La Vega o 30 de xuño de 1909. Fillo da portorriqueña de ascendencia galega Ángela Gaviño Costais, (cuxo pai era da Guarda) e de José Bosch Subirats, de orixe catalá, nado en Tortosa. Viviu os primeiros anos da súa infancia nunha pequena comunidade rural chamada Río Verde, onde comezou os seus estudos de primaria; os estudos secundarios fíxoos no colexio San Sebastián de la Vega, chegando só até o terceiro nivel de bacharelato. En 1924, trasladouse a Santo Domingo, onde traballou en varias tendas comerciais. Máis tarde en 1929 viaxou a España, Venezuela e algunhas illas do Caribe.

Notas editar

  1. "25S: la política no es un negocio". El Caribe. 25 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2013. Consultado o 25 de decembro de 2013. 
  2. "Honradez de Bosch chocó con intereses". Listin Diario. 25 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. Consultado o 25 de decembro de 2013. 
  3. "Sugiere exaltar Bosch al Panteón Nacional". Al Momento. 9 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. Consultado o 25 de decembro de 2013. 
  4. "Biografía de Juan Bosch". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2010. Consultado o 25 de novembro de 2010. 
  5. Cronología de Juan Bosch