Corazón Aquino
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
María Corazón Sumulong Cojuangco-Aquino, nada en Paniqui o 25 de xaneiro de 1933 e finada en Makati o 1 de agosto de 2009, foi unha política filipina, que foi presidenta de Filipinas entre 1986 e 1992, despois da caída do ditador Ferdinand Marcos.
Corazón Aquino | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 25 de xaneiro de 1933 |
Lugar de nacemento | Paniqui |
Falecemento | 1 de agosto de 2009 |
Lugar de falecemento | Makati |
Causa | Cancro colorrectal |
Soterrada | Manila Memorial Park Sucat |
Nacionalidade | Filipinas |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | St. Scholastica's College, College of Mount Saint Vincent, Far Eastern University e Ateneo de Manila University |
Ocupación | política e Activista polos dereitos humanos |
Pai | José Cojuangco |
Nai | Demetria Sumulong |
Cónxuxe | Benigno Aquino Jr. |
Fillos | Benigno Aquino III, Kris Aquino, Ballsy Aquino-Cruz, Pinky Aquino-Abellada e Viel Aquino-Dee |
Irmáns | Josephine C. Reyes e Jose Cojuangco, Jr. |
Premios | Prêmio Ramon Magsaysay, Grand Cordon of the Supreme Order of the Chrysanthemum, Persoa de Ano da revista Time, Fulbright Prize, World Citizenship Award, Order of Sikatuna, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, Gran cruz da Lexión de Honor, Grand Cross of the National Order of Merit, Ordem do Libertador San Martin, Nishan-e-Pakistan, Ordem do Elefante Branco, honorary doctor of the University of Hong Kong, Philippine Legion of Honor, Kalantiao's Order e Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana |
Na rede | |
http://www.coryaquino.ph | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Foi unha das primeiras mulleres de Asia en ocupar a máxima representación do seu Estado ou goberno, logo de Golda Meir e Indira Gāndhi. Casada co popular senador da oposición Ninoy Aquino, cando este foi asasinado no daquela chamado Aeroporto Internacional de Manila ó regresar do exilio o 21 de agosto de 1983, "Cory" converteuse no núcleo da oposición ao goberno autocrático do Presidente Ferdinand Marcos.
Traxectoria editar
Corazón Cojuañgco naceu en Manila nunha das familias máis adiñeiradas en Filipinas, os poderosos Cojuañgcos da provincia de Tarlac. A familia da súa nai, os Sumulongs, tamén pertencían a unha familia política da provincia de Rizal.
Medrou dentro dunha familia privilexiada, sendo enviada ó estranxeiro para estudar na Ravenhill Academy de Filadelfia, no Notre Dame Convent School de Nova York e no College of Mount Saint Vincent, tamén de Nova York. Estudou matemáticas e graduouse cun título en francés en 1953.
Regresou a Filipinas para estudar Dereito na Far Eastern University, pero en 1955 casou con Benigno Aquino, que acababa de ser elixido alcalde de Concepción na provincia de Tarlac á idade de 22 anos. Tiveron cinco fillos: un fillo, Benigno III (posteriormente elixido Presidente de Filipinas), e catro fillas, María Elena, Aurora Corazón, Victoria Eliza e Kristina Bernadette. Benigno Aquino foi elixido gobernador e senador, pero foi arrestado, sentenciado a morte e exiliado polo réxime de Marcos. Corazón acompañouno no exilio en 1980. Benigno foi asasinado o 21 de agosto de 1983 á súa chegada dende un exilio de 3 anos nos Estados Unidos no mesmo asfalto do Aeroporto Internacional de Manila, que foi posteriormente renomeado na súa honra. Trala súa morte, ela entrou en política como xefa da coalición Laban.
Foi tamén a primeira filipina nomeada para o Premio Nobel da Paz despois de liderar a revolución pacífica EDSA durante a época de Marcos.
Presidentes de Filipinas | ||
---|---|---|
Segue a: Ferdinand Marcos |
Corazón Aquino | Precede a: Fidel Valdez Ramos |
United Nationalists Democratic Organizations - UNIDO / Partido Liberal ng Pilipinas |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corazón Aquino |