Lista dos presidentes de Filipinas
O presidente de Filipinas é o xefe de Estado e xefe de goberno de Filipinas.
Presidente de Filipinas Pangulo ng Pilipinas | |
---|---|
Escudo presidencial | |
Residencia | Palacio de Malacañang, Manila |
Sede | Manila |
Ámbito | Filipinas |
Designado por | Sufraxio universal e directo |
Duración | 6 anos, non renovábeis |
Creación | 23 de xaneiro de 1899 |
Primeiro titular | Emilio Aguinaldo |
Precedido por | Gobernador Xeral de Filipinas |
Salario | 395 858 pesos flipinos anuais[1][2] |
Sitio web | op-proper.gov.ph |
Segundo a Constitución de Filipinas de 1987, o presidente do país é elixido polo pobo para un único período de 6 anos.[3] Esta é a lista de presidentes de Filipinas dende a independencia do país ata hoxe.
Lista
editarAntes da Primeira República
editarDurante a colonización española, as illas formaban a Capitanía xeneral de Filipinas. A monarquía española estaba representada polo Gobernador Xeral de 1565 a 1898. España cedeu todas as súas restantes posesións, incluída Filipinas, ao final da guerra hispano-estadounidense a través do Tratado de París.
1899–1901: Primeira República (República de Malolos)
editarA Primeira República Filipina inaugurouse o 23 de xaneiro de 1899 en Malolos e rematou o 23 de marzo de 1901 cando o presidente Emilio Aguinaldo foi capturado polos estadounidenses en Palanan.
Imaxe | Nome | Comezo do mandato | Fin de mandato | Partido |
---|---|---|---|---|
Emilio Aguinaldo (1869-1964) |
23 de xaneiro de 1899 | 23 de marzo de 1901 | Sen partido |
Os americanos xa comezaran a controlar as zonas non controladas pola Primeira República despois da cesión española. O presidente dos Estados Unidos estivo representado primeiro por gobernadores militares e despois por gobernadores xerais civís ata 1935.
1935-1946: Mancomunidade
editarA Mancomunidade Filipina creouse o 15 de novembro de 1935 en Manila e rematou coa independencia de Filipinas o 4 de xullo de 1946. Tras a invasión xaponesa de Filipinas no transcurso da Segunda guerra mundial, o goberno da Mancomunidade exiliouse nos Estados Unidos e existiu de xeito paralelo ao goberno da Segunda República, controlado polos xaponeses.
Imaxe | Nome | Comezo do mandato | Fin de mandato | Partido |
---|---|---|---|---|
Manuel Luis Quezón (1878–1944) |
15 de novembro de 1935 | 1 de agosto de 1944 | Partido Nacionalista | |
Sergio Osmeña (1878–1961) |
1 de agosto de 1944 | 28 de maio de 1946 | Partido Nacionalista | |
Manuel Acuña Roxas
(1892–1948) |
28 de maio de 1946 | 4 de xullo de 1946 | Partido Liberal |
1943-1945: Segunda República
editarA Segunda República proclamouse o 14 de outubro de 1943 en Manila e rematou cando o presidente José Paciano Laurel a disolveu o 17 de agosto de 1945, en Toquio. Era un goberno marioneta colocado polo imperio xaponés tras a súa invasión do país durante a Segunda guerra mundial. O goberno da Mancomunidade continuou existindo no exilio, polo que nese momento había dous presidentes simultáneos.
Imaxe | Nome | Comezo do mandato | Fin de mandato | Partido |
---|---|---|---|---|
José Paciano Laurel (1878–1944) |
14 de outubro de 1943 | 17 de agosto de 1945 | KALIBAPI |
1946-1972: Terceira República
editarA Terceira República comezou cando os americanos concederon a independencia a Filipinas o 4 de xullo de 1946 e rematou coa imposición da lei marcial polo presidente
Ferdinand Marcos o 21 de setembro de 1972.
Imaxe | Nome | Comezo do mandato | Fin de mandato | Partido |
---|---|---|---|---|
Manuel Acuña Roxas (1892-1948) |
4 de xullo de 1946 | 15 de abril de 1948 | Partido Liberal | |
Elpidio Quirino (1890-1956) |
17 de abril de 1948 | 30 de decembro de 1953 | Partido Liberal | |
Ramón Magsaysay (1907-1957) |
30 de decembro de 1953 | 17 de marzo de 1957 | Partido Nacionalista | |
Carlos Polístico García (1896-1971) |
18 de marzo de 1957 | 30 de decembro de 1961 | Partido Nacionalista | |
Diosdado Macapagal (1910-1997) |
30 de decembro de 19611 | 30 de decembro de 1965 | Partido Liberal | |
Ferdinand Marcos (1917-1989) |
30 de decembro de 1965 | 23 de setembro de 1972 | Partido Nacionalista |
1972-1987: Lei marcial e Cuarta República
editarO presidente Ferdinand Marcos gobernou por decreto despois de declarar a lei marcial o 23 de setembro de 1972. Inaugurou a "Nova Sociedade" despois de que se ratificase unha nova constitución o 17 de xaneiro de 1973. Declarou a Cuarta República o 17 de xaneiro de 1981, tras levantar a lei marcial.
Imaxe | Nome | Comezo do mandato | Fin de mandato | Partido |
---|---|---|---|---|
Ferdinand Marcos (1917-1989) |
23 de setembro de 1972 | 25 de febreiro de 1986 | Partido Nacionalista Kilusang Bagong Lipunan | |
Corazón Aquino (1933-2009) |
25 de febreiro de 1986 | 2 de febreiro de 1987 | Organización Democrática Nacionalista Unida (UNIDO) |
1987-presente: Quinta República
editarA presidenta Corazón Aquino inaugurou a Quinta República despois de que a actual constitución fose ratificada. O plebiscito tivo lugar o 2 de febreiro de 1987.
Imaxe | Nome | Comezo do mandato | Fin de mandato | Partido |
---|---|---|---|---|
Corazón Aquino (1933-2009) |
2 de febreiro de 1987 | 30 de xuño de 1992 | Organización Democrática Nacionalista Unida (UNIDO) | |
Fidel Valdez Ramos (n. 1928) |
30 de xuño de 1992 | 30 de xuño de 1998 | Lakas ng Tao–Christian Muslim Democrats (Lakas-NUCD) | |
Joseph Ejército Estrada (n. 1937) |
30 de xuño de 1998 | 20 de xaneiro de 2001 | Laban ng Makabayang Masang Pilipino (LAMMP) | |
Gloria Macapagal-Arroyo
(1947-) |
20 de xaneiro de 2001 | 30 de xuño de 2010 | Lakas ng EDSA-National Union of Christian Democrats-United Muslim Democrats of the Philippines (Lakas-NUCD-UMDP) | |
Benigno Aquino III
(1960-2021) |
30 de xuño de 2010 | 30 de xuño de 2016 | Partido Liberal | |
Rodrigo Duterte
(1945-) |
30 de xuño de 2016 | presente | Partido Democrático Filipino - Poder Popular (PDP-Laban) |
Notas
editar- ↑ "Salary Grades of Positions of Constitutional and Other Officials and Their Equivalents" (PDF) (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2020.
- ↑ "Executive Order No. 611, s. 2007" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020.
- ↑ "Constitución de Filipinas de 1987" (en inglés). Consultado o 25 de maio de 2020.