Hasan II de Marrocos

(Redirección desde «Hassan II»)

Al-Hasan ibn Muhammad ou Hasan II, nado en Rabat o 9 de xullo de 1929 e finado no mesmo lugar o 23 de xullo de 1999, foi rei de Marrocos dende 1961 ata o seu pasamento. Foi o fillo máis vello de Mohammed V, sultán primeiro e rei de Marrocos despois.

Hasan II de Marrocos
Nacemento9 de xullo de 1929
Lugar de nacementoRabat
Falecemento23 de xullo de 1999
Lugar de falecementoRabat
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoMausoléu de Mohammed V
NacionalidadeMarrocos
RelixiónSunnismo
Alma máterCollège Royal, Imperial College London e Universidade de Bordeaux
Ocupaciónemprendedor e político
PaiMohammed V de Marrocos
NaiLalla Abla bint Tahar
CónxuxeLalla Latifa
FillosMohamed VI de Marrocos, Mulay Rachid, Lalla Meryem de Marrocos, Princess Lalla Asma of Morocco e Princess Lalla Hasnaa of Morocco
IrmánsMoulay Abdallah de Marrocos, Lalla Amina de Marrocos, Lalla Fatima Zohra, Lalla Aysha, princesa de Marrocos, Lalla Nuzha de Marrocos e Lalla Malika de Marrocos
PremiosOrder of Ouissam Alaouite, Orde do Elefante, Grand Cross of the Order of the Redeemer, Grande-Colar da Ordem do Infante Dom Henrique, Grande-Colar da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada, Cabaleiro gran cruz da Orde do Baño, Gran cruz da Lexión de Honor, Knight Grand Cross with Collar of the Order of Alfonso X, Cadea Real Victoriana, Gran Cruz de Cabaleiro da Real Orde Victoriana, Orde da Estrela Iugoslava, Orde do Nilo, Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana, Knight Grand Cross in the Order of the Netherlands Lion, Order of Pahlavi, Order of al-Hussein bin Ali, Royal Order of Cambodia, Order of Mubarak the Great, Grand Cross of the National Order of Mali, Nishan-e-Pakistan, Gran Cruz Especial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, National Order of Merit, Orde Suprema do Crisantemo con colar, Grande Estrela da Condecoración por Servizos á República de Austria, Order of King Abdulaziz al Saud, Grand Cordon of the Order of Leopold, Collar of the Order of Charles III, Ordem do Redentor, Order of the Two Rivers, Order of Merit, Ordem do Leão Neerlandês, Ordem do Infante Dom Henrique, Ordem Militar da Torre e Espada, Orde Militar de Sant'Iago da Espada, Order of Independence, Ordem de Carlos III, Orde Civil de Afonso X o Sabio, Order of Umayyad, Order of the Republic (Tunisia), Order of the 7th November 1987, Ordem do Banho, Real Ordem Vitoriana, Order of Oman, Order of the Royal House of Chakri, Grand Cross of the Order of the Liberator General San Martín e Grand Cross of the Order of Merit
Na rede
Allocine: 37343
Discogs: 4253854 WikiTree: Alaouite-2 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi enviado ao exilio en Madagascar polas autoridades francesas en 1953 xunto co seu pai Mohammed V, aínda que se lle permitiu retornar en 1955, ano en que se estableceu o reino. Durante os disturbios de 1956, dirixiu a represión contra os bérberes sublevados nas montañas do Rif. Foi proclamado príncipe en 1957, e converteuse en rei despois da morte do seu pai en 1961.

Ordenou o secuestro de Mehdi Ben Barka o 29 de outubro de 1965, líder demócrata marroquí. Dende entón non se sabe nada del.

O seu goberno conservador fortaleceu a dinastía alauí e anexionouse o Sáhara Occidental coa Marcha Verde de 1975. Puxo en marcha un sistema parlamentario no que, porén, tiña moitas prerrogativas e onde o Majzen funcionaba coma un Estado paralelo. Na práctica, o sistema que rexiu e que logo chegou ó seu fillo parecíase máis a unha monarquía absoluta que a unha monarquía constitucional de tipo europeo. Co engadido de que a familia real era propietaria directa de boa parte das terras, industrias e recursos do país. Durante o seu reinado existiu unha férrea represión política baixo a que desapareceron varios milleiros de persoas. Tras a súa morte, o seu sucesor tivo que facerse eco das demandas sociais sobre o particular e crear mecanismos institucionais de investigación e compensación económicas das vítimas.

Sufriu varios intentos de asasinato dos que saíu ileso de forma milagrosa, o que foi utilizado para crearlle certa aura de personaxe santo ou elixido por Deus. Nunha ocasión, os conxurados estaban tan seguros de que non sobrevivira que se chegou a anunciar a proclamación da república polas radios do país.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar